De'Anthony Melton

baloncestista estadounidense

De'Anthony Melton, nado o 28 de maio de 1998 en North Hollywood, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

De'Anthony Melton
Philadelphia 76ers – No. 8
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 28 de maio de 1998 (25 anos)
California North Hollywood, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Crespi (Encino, California)
Universidade USC (2016–2017)
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Houston Rockets
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Phoenix Suns (2018–2019)
Northern Arizona Suns (2018–2019)
Memphis Grizzlies (2019–2022)
Philadelphia 76ers (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xuño de 2018, Melton foi escollido na 46ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Houston Rockets. O 31 de agosto de 2018, foi traspasado xunto a Ryan Anderson ós Phoenix Suns, a cambio de Brandon Knight e Marquese Chriss.[1] O 21 de setembro de 2018, Melton asinou o seu contrato de rookie cos Suns.[2]

O 7 de xullo de 2019, Melton foi traspasado xunto a Josh Jackson, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021 ós Memphis Grizzlies, a cambio de Jevon Carter e Kyle Korver.[3] O 22 de novembro de 2020, Melton asinou cos Grizzlies un novo contrato por catro anos.[4]

Durante a noite do Draft de 2022, os Grizzlies traspasaron a Melton ós Philadelphia 76ers a cambio de Danny Green e os dereitos do Draft de David Roddy.[5]

Notas editar

  1. "Suns Acquire Ryan Anderson and De'Anthony Melton from Houston". NBA.com. 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  2. "Phoenix Suns Sign De'Anthony Melton". 
  3. "Suns Complete Trade with Memphis". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "Grizzlies re-sign De'Anthony Melton to multi-year contract". NBA.com. 22 de novembro de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  5. "De'Anthony Melton Acquired by 76ers in Trade with Memphis Grizzlies". NBA.com. 24 de xuño de 2022. Consultado o 27 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar