Davor Dujmović

actor iugoslavo

Davor Dujmović, nado en Saraxevo o 20 de setembro de 1969 e finado en Novo Mesto o 31 de maio de 1999, foi un actor iugoslavo de orixe bosníaco, coñecido principalmente polos seus memorables papeis nos filmes de Emir Kusturica, como o de Mirza en Otac na službenom putu, o de Perhan en Dom za vešanje ou o de Bata en Podzemlje.

Infotaula de personaDavor Dujmović
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1969 Editar o valor em Wikidata
Saraxevo, Bosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1999 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Novo Mesto (Eslovenia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeBosnia e Hercegovina
República Federal Socialista de Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme e Actuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , actor de televisión , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua bosníaca e lingua serbia Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0241131 Allocine: 52025 Allmovie: p20450 Editar o valor em Wikidata

Tras caer na drogadicción e nunha profunda depresión, suicidouse aos 29 anos.

Traxectoria editar

Nacido nunha familia pobre de clase traballadora, a carreira de actor de Dujmović comezou por casualidade en 1984 cando un dos axudantes de dirección de Emir Kusturica lle propuxo aparecer no filme Otac na službenom putu.[1]

Despois do grande éxito comercial e de crítica da película, Dujmović intentou inscribirse na Academia de Artes Escénicas de Saraxevo (ASU), dirixida polo decano Boro Stjepanović, pero foi rexeitado. Con todo, conseguiu outros papeis cinematográficos, como no filme de debut na dirección de Zlatko Lavanić, Strategija švrake. Kusturica tamén seguiu traballando con Dujmović, dándolle o papel principal en Dom za vešanje, o que o lanzou á fama en toda Iugoslavia pola súa interpretación dun mozo xitano chamado Perhan. Tamén comezou a facer teatro, aparecendo en 1989 xunto a Haris Burina, Maja Mijatović e Jelena Čović en Mjesečeva predstava, unha obra montada por Mladen Materić no Otvorena scena Obala, un teatro fundado por Materić uns anos antes.

O papel de Perhan converteu a Dujmović nunha estrela e asegurou que lle continuasen chegando papeis cinematográficos. Deste xeito apareceu en Istočno od istoka, Adam ledolomak, Belle epoque - Posljednji valcer u Sarajevu, Sarajevske priče, Prokleta je Amerika e Aleksa Šantić. Tamén tivo un papel na terceira tempada da comedia de sketchs iugoslava Top lista nadrealista, que se emitiu a finais de 1991.

Simultaneamente, a principios dos anos 90, comezou a consumir drogas e fíxose adicto á heroína.[1] Durante os primeiros meses da guerra de Bosnia estivo en Saraxevo, pero máis tarde mudouse a Belgrado, onde se reencontrou con vellos amigos, e apareceu no aclamado filme de Kusturica, Podzemlje, así como na serie de televisión Složna braća con Nele Karajlić. Intentou, sen éxito, deixar as drogas varias veces. Ao final da guerra mudouse a Banja Luka, onde se reuniu con Andrej J. Gartner, co que creou unha fundación cultural na República Srpska.

Davor Dujmović aforcouse o 31 de maio de 1999, despois dunha grave depresión. Os seus últimos días pasounos coa súa moza na cidade eslovena de Novo Mesto.

Filmografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Biografía de Davor Dujmović". davordujmovic.ba (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar