David de Gea

futbolista español

David de Gea Quintana, nado en Madrid o 7 de novembro de 1990, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual club é o Manchester United F.C.

David de Gea
De Gea en 2017
Información persoal
Nome David de Gea Quintana
Nacemento 7 de novembro de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,92 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Manchester United
Número 1
Carreira xuvenil
2003–2008 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Atlético B 35 (0)
2009–2011 Atlético de Madrid 57 (0)
2011– Manchester United 384 (0)
Selección nacional
2007 España sub-17 15 (0)
2007–2009 España sub-19 15 (0)
2009 España sub-20 1 (0)
2009–2013 España sub-21 27 (0)
2012 España sub-23 5 (0)
2014– España 45 (0)
Na rede
https://daviddegea.com/
IMDB: nm7613519 Facebook: DavidDeGeaOficial Twitter: D_DeGea Instagram: d_degeaofficial FIFA: 269859 UEFA: 1901746 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de outubro de 2022.
Selección: actualizado a 4 de outubro de 2022.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu circunstancialmente en Madrid o 7 de novembro de 1990 e criouse en Illescas (Toledo). Empezou a xogar ao fútbol con 8 anos na escola da localidade de Casarrubuelos (Madrid), posteriormente estivo xogando no Colexio Castilla (Torrejón de la Calzada) cando tiña 12 anos, e con 14 anos chamárono do Atlético de Madrid. Con 16 foi convocado para xogar coa Selección Española sub-16 e aos 19 xogou o seu primeiro partido en Primeira División.

Atlético de Madrid editar

O 30 de setembro de 2009 debutou, debido á lesión do porteiro titular do equipo, Roberto, nun partido oficial co primeiro equipo do Atlético de Madrid, nun encontro de Liga de Campións que enfrontaba ao Atlético contra o FC Porto no Estádio do Dragão.[1] O 3 de outubro debuta no Estadio Vicente Calderón e detén un penalti; o seu equipo vence por 2-1 ao Zaragoza e sae ovacionado pola afección colchoneira.[2] O 24 de outubro de 2009 xoga o seu segundo partido na Liga contra o Mallorca, o resultado é de 1-1.

No partido pertencente á ida dos dezaseisavos de final da UEFA Europa League, que o seu club disputou o 18 de febreiro de 2010 no Estadio Vicente Calderón, lesionouse tendo que ser substituído por Asenjo no minuto 25 da segunda parte, cando o equipo gañaba 1 a 0 (gol de Reyes) ao Galatasaray turco. Poucos minutos logo de ser substituído os turcos empataban o encontro, nunha desafortunada saída do meta Asenjo, sendo este o resultado final.

O 12 de maio de 2010, De Gea xoga como porteiro titular do Atlético de Madrid na final da UEFA Europa League, gañándolla ao Fulham por 2-1, con ambos os goles do dianteiro uruguaio Diego Forlán. En dita final, David de Gea realiza varias paradas de mérito cando o marcador reflectía o 1-1, evitando así a derrota do seu equipo.

O 19 de maio de 2010, tan só unha semana logo da primeira final, disputa a segunda consecutiva, esta vez da Copa do Rei. O Atlético perde contra o Sevilla FC por dous goles a cero. Dita final disputouse no Camp Nou de Barcelona.

O 27 de agosto de 2010, o Atlético xoga a final da Supercopa de Europa contra o Inter de Milán. O porteiro madrileño detén un penalti a Diego Milito nos últimos minutos de partido e proclámase campión, sendo o resultado final do partido dous a cero.

Foi galardoado como Xogador Revelación da tempada 2009–10.

Selección nacional editar

De Gea formou parte da selección española que se foi campioa do Europeo sub-17 e subcampioa no Mundial Sub-17 de 2007.

O 10 de maio de 2010, foi incluído por Vicente del Bosque na preselección de 30 xogadores que poderían representar a España na Copa Mundial de Suráfrica de 2010.[3] Con todo finalmente foi descartado na lista definitiva de 23 xogadores que deu o 20 de maio.

O 25 de xuño de 2011 proclamouse campión da Eurocopa sub-21.

Estatísticas editar

A columna goles refírese a goles encaixados. Actualizado a 26 de xaneiro de 2011.

Club Tempada Categoría Liga Copa Europa League Champions League Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
  Atlético de Madrid 2009/10 Primeira División 19 28 7 10 8 7 1 2 35 47
2010/11 Primeira División 20 24 5 5 5 6 - - 30 35
Total 39 52 12 15 13 13 1 2 65 82

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club Pais Ano
Premier League Manchester United FC Inglaterra 2013

Campionatos internacionais editar

Título Club Pais Ano
UEFA Europa League Atlético de Madrid España 2010
Supercopa de Europa Atlético de Madrid España 2010

Campionatos de seleccións editar

Título Selección Ano
Campionato Europeo Sub-17 Selección española Sub-17 2007
Eurocopa sub-21 Selección española sub-21 2011

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Xogador Revelación da tempada 2009/10 2010

Notas editar

  1. "Roberto rompe e debuta De Gea". Marca. Madrid, España. 30 de setembro de 2009. Consultado o 17 de outubro de 2009. 
  2. Walter Zimmermann (5 de outubro de 2009). "¡Felicidades, David!". Mundo Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  3. [1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar