David Rubín

debuxante e guionista galego

David Rubín Miguélez, nado en Ourense o 19 de outubro de 1977, é un debuxante de banda deseñada galego.

Infotaula de personaDavid Rubín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , artista de banda deseñada , animador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2639006 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou na ourensá Limaía Produccións, para máis tarde traballar no ámbito dos debuxos animados para a produtora coruñesa Dygra. Fixo curtametraxes e cortinillas de animación, mais é principalmente coñecido como autor de banda deseñada, un dos máis prolíficos de Galicia.

 
Rubín en 2009

Foi cofundador do colectivo Polaqia en 2001. Conta con series propias nas revistas galegas BD Banda desde 2001 e Barsowia desde 2003. É o autor de Os Kinkilláns, unha popular serie da segunda etapa de Golfiño, publicación xuvenil ofrecida xunto a La Voz de Galicia. Cómics seus viron a luz en publicacións como Tos, Huevo ou El fanzine enfermo. Contribuíu de maneira notorio na última época da revista Dos veces breve.

Así mesmo, dedícase ao humor gráfico para El Periódico de Catalunya.

Premios editar

Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, en 2000 (por A sombra xigante que me afoga) e en 2002 (por Antón ardendo), e mais o cuarto premio en 2001. Recibiu tamén en 2000 o Premio Ourense ao mellor autor afeccionado, na Casa da Xuventude de Ourense. Foi gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano anterior. Gañou en marzo de 2004 o IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia O segundo que ía dicirche.

En 2004 fíxose co segundo premio do certame "Na Vangarda" (da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve Corredora feito en equipo con Emma Ríos. Gañou en 2005 coa historia curta Patacas. Foi gañador en 2005 do I Premio Castelao de Banda deseñada da Deputación Provincial da Coruña coa novela gráfica Onde ninguén pode chegar.

Ten tres Premios "La Cárcel de Papel" ao mellor autor revelación en 2006.

En 2020 foi nomeado a catro premios Eisner.[1]

Álbums editar

  • El circo del desaliento (Astiberri, 2005). Inclúe en castelán a historia Onde ninguén pode chegar, gañadora do I Premio Castelao nese mesmo ano.
  • Corazón de Tormentas, obra en galego realizada en 24 horas seguindo as normas creadas por Scott McCloud (24horas x 24 páxinas).
  • La tetería del oso malayo (Astiberri, 2006).
  • Uxío Novoneyra: A voz herdada (guión de Kike Benlloch; Xunta de Galicia, 2010)
  • El héroe, I. (Astiberri, 2011)
  • El héroe, II. (Astiberri, 2012)
  • Beowulf (Astiberri, 2013)
  • Las tripas de El Héroe I (2014)
  • The Rise of Aurora West (2014)
  • Las tripas de El Héroe II (2014)
  •  
    Presentando con Víctor Rivas O lume na Libraría Paz de Pontevedra en decembro de 2022
    The Fall of the House of West (2015)
  • The Fiction (2015; con Curt Pires)
  • Gran Hotel Abismo (2016)
  • Ether. La muerte de la última Llama Dorada (2017)
  • O lume (2022)

Filmografía editar

Notas editar

  1. "David Rubín si é profeta na súa terra". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-09-19. Consultado o 2023-02-16. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar