David Belasco, nado en San Francisco o 25 de xullo de 1853 e finado o 14 de maio de 1931, foi un dramaturgo e director, produtor e empresario teatral estadounidense.

Infotaula de personaDavid Belasco

David Belasco entre 1898-1916
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1853
San Francisco, California
Morte14 de maio de 1931 (77 anos)
Nova York, Estado de Nova York
Lugar de sepulturaLinden Hill Jewish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Actividade
OcupaciónProdutor e director de teatro
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeCecilia Loverich (1880–1931, até a morte del)
FillosReina Victoria Belasco (en) Traducir, Augusta Belasco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHumphrey Abraham Belasco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Reina Nunes Martinez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFred Belasco (en) Traducir, Walter Belasco, Edward Belasco (en) Traducir e Henry Belasco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0067584 Allmovie: p216633 IBDB: 4974
Musicbrainz: e40acb18-fdf6-494b-9c45-9d834d91055b Discogs: 1730572 Find a Grave: 74 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Belasco, nado en San Francisco, procedía dunha familia de xudeus sefardís procedentes de Londres que se asentaran en California durante a febre do ouro. De mozo comezou a traballar nun teatro da cidade onde fixo de case todo, desde rapaz de recados, copiar escritos ata actuar e dirixir. En 1882 trasladouse a Nova York onde foi director de escena do Madison Square Theater ó tempo que escribía as súas propias obras teatrais. Para 1895 tivera tanto éxito que se puido converter en produtor independente.

Durante a súa longa carreira, de 1884 a 1930, Belasco escribiu, dirixiu e produciu máis de 100 pezas para Broadway, entre as que salientan Hearts of Oak, The Heart of Maryland e Du Barry. Non obstante as súas máis coñecidas producións foron a adaptación da ópera de Giacomo Puccini, Madame Butterfly para o teatro e The Girl of the Golden West da que o propio Puccini realizou unha versión operística, La fanciulla del West. Realizáronse aproximadamente corenta filmes adaptando as súas obras, entre o que se inclúe Seven Chances de Buster Keaton.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar