Dave Catching

músico estadounidense

David (Dave) Catching, nado en Memphis (Tennessee) o 7 de xuño de 1961, é un músico estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo coas bandas Queens of the Stone Age e Eagles of Death Metal.

Dave Catching
Nome completoDavid Catching
Data nacemento7 de xuño de 1961 (62 anos)
Nado enMemphis, Tennessee
Ocupaciónmúsico e guitarrista
Instrumento(s)voz, guitarra, baixo, piano
Relacionado conQueens of the Stone Age, Eagles of Death Metal, Tex and the Horseheads, The Ringling Sisters, earthlings?, Mondo Generator, Smith & Pyle
Tempo en activo1982 - actualidade
Na rede
Musicbrainz: bd5dfc5f-e2fe-454f-8836-68088a96e442 Discogs: 267400 Allmusic: mn0000065005 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Catching tocou a guitarra nas bandas de hard rock Eagles of Death Metal, Queens of the Stone Age, Tex and the Horseheads, The Ringling Sisters, earthlings? e Mondo Generator. Tamén é membro de Yellow#5 e The Gnarltones e aparece regularmente nos discos de The Desert Sessions. Toca a guitarra coa banda Masters of Reality e gravou guitarras e órganos nos dous álbums da Mark Lanegan Band. A principios dos 80 estivo nunha banda chamada Cock Rock.

Recentemente estivo asociado coa banda de country desert rock Smith & Pyle, gravanco para o seu primeiro álbum It's OK to be Happy, editado no ano 2008. Tamén é un dos donos e fundador do estudio The Rancho De La Luna, situado en Joshua Tree (California).