Cos nomes de Daoíz e Velarde adóitase referir aos capitáns de artillaría Luis Daoíz y Torres e Pedro Velarde, destinados no cuartel de Monteleón que, desobedecendo as ordes de permanecer acuartelados e pasivos ditadas polo Capitán Xeneral de Madrid Francisco Javier Negrete (seguindo instrucións de Murat), sumáronse ao levantamento do 2 de maio de 1808 contra as tropas francesas.

Monumento a Daoíz y Velarde na praza do Dous de Maio de Madrid, obra de Antonio Solá.
O arco é a antiga porta do Cuartel de Monteleón.

Achegaron ao movemento popular o espírito de Estado Nacional, para que se unisen a eles, en contra dos franceses, non só o pobo de Madrid, senón o exército e demais estamentos oficiais e particulares.

Sen ningún tipo de axudas nin reforzos, ambos os capitáns, xunto con outros oficiais de menor graduación como o tenente Jacinto Ruiz, e os artilleiros ao seu mando, resistiron até a morte, sen apoio da Xunta Suprema de Goberno (teórica representante da soberanía en ausencia do rei Fernado VII, que viaxaba cara a Francia), nin dos propios militares, pero si foron un dos exemplos dos levantamentos posteriores ao 2 de maio de Madrid.

Monumento aos Heroes do Dous de Maio, inaugurado en Madrid en 1840.

Honras editar

Na súa honra se levantouse o obelisco da Plaza de la Lealtad de Madrid, actualmente Monumento aos Caídos por España.

Ademais teñen un grupo escultórico na Plaza del Dos de Mayo de Madrid, cerca do lugar onde estivo o seu cuartel, e no que se conserva a antiga porta deste.

Na cultura popular editar

Os leóns das Cortes, que flanquean a porta principal do edificio do Congreso dos Deputados, esculturas de Ponciano Ponzano) fundidos co bronce de canóns capturados na Guerra de África en 1860, reciben popularmente en Madrid o nome de Daoíz y Velarde.[1]

Notas editar

  1. Los leones de las Cortes bajan del pedestal. Diario El País (España), 1 de novembro de 1985. Consultada o 5 de maio de 2014.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar