A danza do Sol é unha cerimonia practicado por algúns nativos americanos dos Estados Unidos e do Canadá, principalmente aquelas culturas propias das grandes chairas. Normalmente implica que a comunidade se reúna para rezar pola curación. Os individuos fan sacrificios persoais en nome da comunidade.

Danza do Sol do pobo shoshone en Fort Hall, 1925.

Despois da colonización europea de América, e coa formación dos gobernos canadense e estadounidense, ámbolos dous países aprobaron leis destinadas a suprimir as culturas indíxenas e forzar a asimilación á cultura maioritaria europea.

A danza do Sol converteuse nunha das cerimonias prohibidas, así como o potlatch dos pobos do noroeste do Pacífico.[1] Canadá levantou a súa prohibición contra a práctica da cerimonia en 1951. INos Estados Unidos, o Congreso aprobou a Lei de liberdade relixiosa dos indios americanos (AIRFA) en 1978, que foi promulgada para protexer as liberdades civís básicas e para protexer e preservar os dereitos relixiosos tradicionais e as prácticas culturais dos nativos americanos, inuits, aleutianos, e hawaianos.[2]

Notas editar

  1. Powell, Jay; & Jensen, Vickie. (1976). Quileute: An Introduction to the Indians of La Push. Seattle: University of Washington Press. (Cited in Bright 1984).
  2. Cornell.edu. "AIRFA act 1978.". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2006. Consultado o 29 de xullo de 2006.