Daniel Vázquez Campo

avogado e político galego

Daniel Vázquez Campo, nado en Chantada en 1894 e finado en Ribadavia en 1940, foi un avogado e político galego.

Daniel Vázquez Campo
Nacemento1894
Lugar de nacementoChantada
Falecemento1940
Lugar de falecementoRibadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosPilar Vázquez Cuesta
IrmánsAntonio Vázquez Campo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.

Fillo de Daniel Vázquez Bóo. Licenciado en Dereito (1926). Colaborador do periódico Hidalguía e director de La Voz del Agro. Foi un dos promotores da Asociación Republicana de Chantada o 9 de novembro de 1930 xunto con Antonio Noguerol Eyré e Modesto Álvarez Taboada, e o seu primeiro presidente, sendo reelixido en febreiro de 1931,[1] e novamente en 1933. O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA.


Predecesor:
José Benito Pardo Rodríguez
  
Presidente da deputación de Lugo
 
1931 - 1932
Sucesor:
José Sánchez Gacio

Vida persoal editar

Casou con Modesta Cuesta Gutiérrez e foi pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 26-2-1931, p. 6.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar