Daniel Theis

baloncestista alemán

Daniel Theis, nado o 4 de abril de 1992 en Salzgitter, Baixa Saxonia, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Daniel Theis
Los Angeles Clippers – No. 10
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 4 de abril de 1992 (32 anos)
Salzgitter, Baixa Saxonia
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: Sen draftear
Carreira dende 2009
Historial de equipos
SG Braunschweig (2009–2012)
Löwen Braunschweig (2010–2012)
Ratiopharm Ulm (2012–2014)
Brose Bamberg (2014–2017)
Boston Celtics (2017–2021)
Chicago Bulls (2021)
Houston Rockets (2021–2022)
Boston Celtics (2022)
Indiana Pacers (2022–2023)
Los Angeles Clippers (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 20 de xullo de 2017, Theis asinou un contrato cos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).[1] Fixo o seu debut na NBA o 18 de outubro de 2017 contra os Milwaukee Bucks.[2]

O 25 de marzo de 2021, Theis foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Washington Wizards.[3]

O 7 de agosto de 2021, Theis foi traspasado ós Houston Rockets.[4]

O 10 de febreiro de 2022, Theis foi traspasado de novo ós Boston Celtics, a cambio de Bruno Fernando, Enes Kanter Freedom e Dennis Schröder.[5]

O 9 de xullo de 2022, Theis foi traspasado xunto a Aaron Nesmith, Nik Stauskas, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023 ós Indiana Pacers a cambio de Malcolm Brogdon.[6]

Notas editar

  1. "Boston Celtics Sign Daniel Theis". NBA.com. 20 de xullo de 2017. Consultado o 20 de xullo de 2017. 
  2. "Bucks vs. Celtics - Box Score". ESPN.com. 18 de outubro de 2017. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  3. "Bulls complete three-team trade with Wizards & Celtics". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  4. "Rockets Acquire Daniel Theis". NBA.com. 7 de agosto de 2021. 
  5. "Celtics Re-Acquire Daniel Theis in Four-Player Deal with Rockets". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. 
  6. Lyons, Dan (1 de xullo de 2022). "Celtics Trade for Pacers Star Malcolm Brogdon, per Report". Sports Illustrated. Consultado o 9 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar