Daniel Pernas Nieto

sacerdote e poeta galego

Daniel Pernas Nieto, nado nos Carballiños (Quende, Abadín) o 25 de setembro de 1884[1] e finado en Mondoñedo o 18 de xullo de 1946,[2] foi un sacerdote e escritor galego.

Infotaula de personaDaniel Pernas Nieto
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Os Carballiños, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónSeminario de Mondoñedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no Seminario de Mondoñedo, foi párroco de Baroncelle e capelán do Hospital-Asilo de Ortigueira. Publicou as súas primeiras composicións con 21 anos en ¡Guau... Guau! e De Todo un Poco.[1] Tamén apareceron poemas seus en El Primitivo.

Publicou un único libro, o poemario Fala d'as musas (1936)[3], con prólogo en castelán de Álvaro Cunqueiro e con portada deseñada por Bernardino Vidarte Rivas. Foi o primeiro libro en galego que se publicou en Galicia tras o comezo da guerra civil española. O volume inclúe 26 poemas, de carácter costumista e relixioso na liña de Antonio Noriega Varela.[4] Durante a contenda publicou en La Voz de Ortigueira poemas en galego anunciando que pertencían a un segundo volume de Fala d'as musas que nunca viu a luz.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Requeixo 2014, p. 13.
  2. 2,0 2,1 Requeixo 2014, p. 17.
  3. Prieto Rouco, Carmiña (13 de xaneiro de 1937). "Publicaciones. Fala das musas por Daniel Pernas Nieto". El Correo Gallego (en castelán). p. 3. 
  4. Vilavedra 1999.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar