Daniel O’Connell

Dónal Ó Conaill (en irlandés) ou Daniel O'Connell (en inglés), nado en Cahersiveen (Irlanda) o 6 de agosto de 1775 e finado en Xénova (Reino de Sardeña) o 15 de maio de 1847, tamén coñecido como The Liberator[1] ou The Emancipator[2], foi un líder político irlandés e a figura máis importante da Irlanda da primeira metade do século XIX.

Daniel O’Connell
Daniel O'Connell en 1836 nun retrato de Bernard Mulrenin.
Alcumethe Liberator e the Emancipator
Nacemento6 de agosto de 1775
Lugar de nacementoCahersiveen
Falecemento15 de maio de 1847
Lugar de falecementoXénova
SoterradoGlasnevin Cemetery e Glasnevin Cemetery
NacionalidadeIrlanda e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa católica
Alma máterKing's Inns e Lincoln's Inn
Ocupaciónpolítico, Barrister e escritor
PaiMorgan O'Connell
NaiCatherine O'Mullane
CónxuxeMary O'Connell
FillosMorgan O'Connell, Daniel O'Connell, Maurice O'Connell, John O'Connell, Ellen Fitzsimon, Catherine O'Connell, Edward O'Connell, Elizabeth Mary O'Connell, Daniel Stephen O'Connell, Mary O'Connell e Rickarda O'Connell
Na rede
WikiTree: O'Connell-837 Find a Grave: 2008 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Defendeu a Emancipación católica—o dereito dos Católicos a sentar no Parlamento de Westminster, denegado durante aproximadamente 100 anos—e rexeitou a Lei de unión que uniu a Irlanda e Gran Bretaña. Foi moi crítico coas ideas que implicaban unha insurreción violenta en Irlanda, e chegou a dicir que a liberdade da Illa non valía o derramamento dunha soa gota de sangue. Sempre empregou métodos populistas e parlamentarios para conseguir o troco. En 1840 fundou a Repeal Association.

Notas editar

  1. [1] Arquivado 29 de xuño de 2010 en Wayback Machine. O'Connell at Irish-Society.
  2. "A Short History of Ireland". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 25 de abril de 2011.