Daniel Frederik Eschricht

zoólogo danés

Daniel Frederik Eschricht, nado en Copenhague o 18 de marzo de 1798 e finado o 22 de febreiro de 1863, foi un zoólogo, fisiólogo e anatomista danés, recoñecido como unha autoridade no estudo das baleas.

Daniel Frederik Eschricht
Nacemento18 de marzo de 1798
Lugar de nacementoCopenhague
Falecemento22 de febreiro de 1863
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónprofesor universitario, zoólogo, anatomista, fisiólogo e médico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou medicina no Frederiks Hospital, graduándose en 1822. Trasladouse a París, onde foi alumno de François Magendie nos anos 1824 e 1825, redactando unha tese sobre os nervios craniais. Despois estudou con destacados naturalistas europeos, entre eles Georges Cuvier. Regresou a Dinamarca en 1829, ingresando na Universidade de Copenhague, onde foi profesor de anatomía e fisioloxía desde 1836.[1][2]

O xénero da balea gris, Eschrichtius foi denominado así, na súa honra, un ano despois da súa morte.[3][4]

Abreviatura editar

A abreviatura Eschricht emprégase para recoñecer a Daniel Frederik Eschricht como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Jørgensen, C. Barker (2005). Daniel Frederik Eschricht (1798-1863), Peter Wilhelm Lund (1801-1880): Danish Pioneers in Experimental Physiology. Historisk-filosofiske Meddelelser 92. Copenhagen: Royal Danish Academy of Science and Letters. ISBN 978-87-7304-314-1. 
  2. "Daniel Frederick Eschricht, M.D., &c.". Journal of the Proceedings of the Linnean Society: Zoology 7: xli–xlii. 1864. 
  3. Bo Beolens; Michael Watkins; Michael Grayson (2009). The Eponym Dictionary of Mammals. JHU Press. p. 129. ISBN 978-0-8018-9533-3. 
  4. Tinker, Spencer Wilkie (1988). Whales of the World. Brill Archive. p. 271. ISBN 0-935848-47-9. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar