Dalmacio Iglesias García

avogado, xornalista e político español

Dalmacio Iglesias García, nado en Santibáñez el Bajo (Cáceres) o 5 de decembro de 1879 e finado en Barcelona o 13 de xaneiro de 1933, foi un avogado, xornalista e político español.[1][2] Foi elixido deputado a Cortes da Comuñón Tradicionalista nas eleccións xerais de 1910 polo distrito de Girona e destacouse por tratar de separar aos tradicionalistas cataláns da súa alianza coa Lliga Regionalista.

Infotaula de personaDalmacio Iglesias García

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Dalmacio Iglesias Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Santibáñez el Bajo, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
1918 –
Deputado no Congreso dos Deputados
16 de xuño de 1910 – 2 de xaneiro de 1914
← Eusebio Corominas (pt) TraducirEduardo Fernández del Pozo y del Río (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Districte electoral de Girona (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xornalista , poeta , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista
Partido Católico Tradicionalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntonio Iglesias Pardo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en 1879 en Santibáñez el Bajo (provincia de Cáceres), fillo do cirurxián ourensán Antonio Iglesias Pardo, e de María Ascensión García Legond, orixinaria de Santiago de Compostela.[3] Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense, obtendo o grao a mérito. Aos catorce anos publicou os seus primeiros artigos e poemas en El Eco de Orense, La Voz Católica, os diarios El Derecho e La Nueva Época e o semanario La Bruja.[4]

Cursou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, obtenendo o diploma de honra, outorgado polo Goberno ao mellor expediente universitario de cada facultade. Durante a súa su vida de estudante colaborou en El Noroeste, Gaceta de Galicia e El Pensamiento Gallego. Foi un dos redactores da revista literaria Santiago, dirixida polo seu pai. Foi secretario e, despois, presidente do Ateneo Escolar Compostelán e colaborou nos traballos do Ateneo León XIII, distinguíndose como apoloxista da Igrexa. Fundou o semanario El Estudiante; foi auxiliar de cátedra do civilista Jacobo Gil Villanueva; obtivo o premio no concurso aberto pola Universidade para a mellor memoria sobre o tema Capacidad jurídica de la mujer casada, según las leyes romanas y españolas; e fíxose notar polos seus estudos sociais, dos que deu algunha conferencia no Círculo Católico de Obreros. Nesa época afiliouse ao partido carlista, comezando a súa amizade con Juan Vázquez de Mella. Obtivo por oposición o premio extraordinario na licenciatura.[4]

Despois pasou a Madrid, onde, ao mesmo tempo que cursou o doutoramento, foi profesor nunha academia privada, deu leccións particulares, publicou un segundo curso de Dereito civil que serviu de texto na Universidade Central de Madrid, e ingresou por oposición no corpo de funcionarios de Facenda. Destinado a Barcelona, dedicouse tamén á avogacía e tomou parte nalgúns procesos sonados, ao mesmo tempo que facía activa propaganda política, na tribuna e na prensa, especialmente en El Correo Catalán.[4]

Non se sumou ao movemento Solidaritat Catalana e combateu os proxectos do Goberno sobre as asociacións relixiosas e o ensino, dando mítins e conferencias en toda Cataluña. Elixido deputado a Cortes por Girona en 1910, pronunciou o mesmo día en que se presentou no Parlamento un discurso condenando os sucesos ocorridos en Barcelona durante a Semana tráxica e defendendo ao Exército, discurso que foi seguido doutro sobre o terrorismo en Barcelona, cuxa distribución nas Ramblas orixinou numerosos incidentes.[4] Entre 1910 e 1913 dirixiu o semanario jaimista barcelonés La Voz de la Tradición.[5]

Tralos sanguentos sucesos de San Feliú de Llobregat entre carlistas e lerrouxistas, defendeu no Congreso aos tradicionalistas das acusacións dos seus adversarios sobre o sucedido. Cando o gabinete Canalejas presentou o proxecto da chamada Lei do Candeado, Dalmacio Iglesias combatiuno, non só no Congreso, senón nunha xira por case todas as rexións españolas. Obtivo para Girona o mercado dominical e a cesión das murallas e baluartes, interveu na discusión das cuestións financeiras e económicosociais, e continuou escribindo na prensa.[4]

Derrotado nas eleccións de 1914, comezou unha campaña encamiñada a libertar o tradicionalismo catalán da tutela da Lliga, para o que publicou un manifesto dirixido a Don Jaime e fundou o periódico El Legitimista Catalán, oposto á liña de El Correo Catalán dirixido por Miguel Junyent. En 1918 foi elixido senador pola provincia de Tarragona e interveu nos debates dos proxectos de lei de funcionarios (no que logrou importantes reformas) e no de reforma das leis xudiciais. Formou parte do Comité rexional de Acción política da Comuñón Tradicionalista e redactou o manifiesto que expuña o programa do partido.[4]

Ao ocorrer a escisión mellista, púxose ao lado de Vázquez de Mella, traballando na organización das forzas tradicionalistas catalás independentes do jaimismo. Na asemblea mellista de Badalona foi elixido vicepresidente primeiro da Junta regional e presidente do Comité e da sección de propaganda das mesmas.[4]

Na década de 1920 chegou a ser xefe de negociado de Facenda.[4] É autor de varias publicacións sobre temas xurídicos e colaborou con José María Planas y Casals nunha obra de Dereito civil, que quedou sen rematar, así como na tradución do alemán do Derecho matrimonial de los Estados europeos y sus colonias. Foi redactor da Enciclopedia Espasa, para a que escribiu os artigos de Dereito romano, Dereito canónico e Facenda pública, a maioría dos correspondentes a Economía e as outras ramas do Dereito, e varios de Historia e Socioloxía, así como diversas seccións do artigo «España».[6]

Foi terciario dominico. Finou en 1933 en Barcelona.[1]

Obras editar

Selección de obras escritas:[7]

  • Existencia legal de las Órdenes religiosas en España (inserta na Crónica do VI Congreso Católico Nacional, 1902).
  • Capacidad jurídica de la mujer casada ante el derecho natural (1906).
  • Nociones de administración y contabilidad de la Hacienda pública (1906).
  • Educación y dirección de las nuevas multitudes (1909).
  • Oposiciones al cuerpo de aspirantes a la judicatura y ministerio fiscal: contestación a las preguntas relativas a derecho civil (en colaboración con José Morell y Terry, 1915).
  • Instituciones de Derecho eclesiástico con arreglo al nuevo Código del Derecho canónico (1918).
  • Estudiantinas: poesías (1927).
  • La carestía de la vida: sus causas y sus remedios. Programa económico para cualquier partido político (1930).
  • La cuestión social y las escuelas que se proponen resolverla.

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Biografía na Gran Enciclopedia Catalana" (en catalán). 
  2. "Necrológica en La Vanguardia". 
  3. "Partida de nacemento de Dalmacio Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 06 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana, tomo 28, 1ª parte. Espasa-Calpe. 1925. p. 939. 
  5. Navarro Cabanes, José (1917). Apuntes bibliográficos de la prensa carlista. Valencia: Sanchís, Torres y Sanchís. pp. 252–253. 
  6. 6,0 6,1 Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana, tomo 28, 1ª parte. Espasa-Calpe. 1925. p. 940. 
  7. "Lista de obras en WorldCat". 
  8. "Calle en Santibáñez el Bajo". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar