Daina Taimina

matemática rusa

Daina Taimina, nada o 19 de agosto de 1954, é unha matemática letoa, profesora adxunta asociada da Universidade Cornell, coñecida por facer obxectos de gancho para ilustrar o espazo hiperbólico.

Daina Taimina
Nacemento19 de agosto de 1954
Lugar de nacementoRiga
NacionalidadeLetonia e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade da Letônia e Riga State Gymnasium No.1
Ocupaciónmatemática, topologista, divulgadora científica, profesora universitaria e artista visual
CónxuxeDavid Henderson
Coñecida porKnitting adventures with hyperbolic planes
PremiosDiagram Prize for Oddest Title of the Year e Euler Book Prize
Na rede
https://pi.math.cornell.edu/~dtaimina/
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Taimina recibiu toda a súa educación formal en Riga, onde en 1977 se graduou summa cum laude pola Universidade de Letonia e completou o seu traballo de graduación en ciencia computacional teórica, supervisada polo profesor Rūsiņš Mārtiņš Freivalds, en 1990. Nesa época, unha tese de doutoramento tiña que defenderse fóra de Letonia, así que a defendeu en Minsk. Isto explica o feito de que formalmente o doutoramento de Taimina expedido polo Instituto de Matemáticas da Academia Nacional de Ciencias de Belarús. Despois de que Letonia se independizase en 1991, Taimina recibiu o seu doutoramento en matemáticas pola Universidade de Letonia, onde deu clases durante vinte anos.

Daina Taimina incorporouse ao departamento de matemáicas de Cornell en decembro de 1996.

Gancho hiperbólico editar

 
Daina Taimina e David W. Henderson cun plano hiperbólico tecido

Cando asistiu a un obradoiro de xeometría en 1997, viu modelos fráxiles de papeis de planos hiperbólico deseñados polo xeómetra William Thurston.[1] Decidiu facer modelos máis duradeiros e logrouno tecéndoos.[1] Debido ao éxito que obtivo foi convidada, xunto co seu marido David Henderson, tamén profesor de matemáticas en Cornell, a realizar presentacións nun obradoiro de Cornell.[2] Os modelos matemáticos tecidos apareceron posteriormente en tres libros de textos sobre xeometría que escribiron xuntos, dos que o máis popular é Experiencing Geometry: Euclidean and non-Euclidean with History.

Un artigo sobre a innovación de Taimina en New Scientist foi localizado polo Institute For Figuring, pequena organización sen ánimo de lucro con base nos Ánxeles, e invitárona a falar sobre espazos hiperbólicos e as súas conexións coa natureza para un público xeral que incluía artistas e produtores de cinema.[2] A conferencia inicial de Taimina e as seguintes presentacións públicas provocaron o interese nesta nova forma táctil de explorar conceptos da xeometría hiperbólica, facendo este tema avanzado accesible a públicos máis amplos. Orixinariamente creada puramente para modelos matemáticos, Taimina axiña se volveu popular como artista téxtil e conferenciante para audiencias a partir de cinco anos. En xuño de 2005, a súa obra exhibiuse por vez primeira como arte na exposición "Not The Knitting You Know" no Eleven Eleven Sculpture Space, unha galería de arte de Washington, D.C.[3] Dende entón, participou regularmente en varias mostras de galerías dos Estados Unidos, o Reino Unido, Letonia, Italia, Bélxica ou Irlanda. A súa obra está en coleccións de coleccionistas privados, escolas e universidades, e foi incluída na American Mathematical Model Collection do Instituto Smithsoniano, o Cooper–Hewitt, National Design Museum e o Instituto Henri Poincaré.

O seu traballo recibiu atención por parte dos medios de comunicación. Escribíronse artigos sobre en "Knit Theory" na revista Discover[4] e en The Times,[5] explicando como un plano hiperbólico pode ser tecido incrementando o número de puntos:

Por exemplo, engadindo un punto extra na segunda liña por cada cinco puntos da primeira. E por cada cinco puntos da segunda liña, engadindo un punto extra na terceira. O número de puntos increméntase de xeito exponencial. Como as liñas son máis longas, aínda que xuntas, o material comeza a dobrarse rapidamente de formas moi interesantes.[6]

Margaret Wertheim entrevistou a Daina Taimina e a David Henderson para Cabinet Magazine [7] Máis adiante, o Institute For Figuring publicou o folleto "A Field Guide to Hyperbolic Space". En 2005 o IFF decidiu incorporar as ideas e achegas de Taimina para explicar o espazo hiperbólico na súa misión de popularizar as matemáticas, e organizaron unha exposición na galería Machine Project, que foi obxecto dun artigo en Los Angeles Times.[8] O xeito de Taimina de explorar o espazo hiperbólico mediante o gancho e as conexións coa natureza, combatendo a fobia contra as matemáticas, foi adaptada por Margaret Wertheim nas súas charlas[9] e foi un éxito no proxecto Hyperbolic Crochet Coral Reef.[10]

Obras editar

O libro de Taimina "Crocheting Adventures with Hyperbolic Planes" (A K Peters, Ltd., 2009, ISBN 978-1-56881-452-0) gañou o Bookseller/Diagram Prize for Oddest Title of the Year de 2009.[11] Tamén gañou o Euler Book Prize da Mathematical Association of America en 2012.[12]

Taimina tamén contribuíu ao libro de David W. Henderson Differential Geometry: A Geometric Introduction (Prentice Hall, 1998) e con Henderson escribiu Experiencing Geometry: Euclidean and Non-Euclidean with History (Prentice Hall, 2005).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Body". www.math.cornell.edu. 
  2. 2,0 2,1 York, Michelle (11 de xullo de 2005). "Professor Lets Her Fingers Do the Talking". The New York Times. 
  3. "Eleven Eleven -- Not The Knitting You Know: Daina Taimina". eleveneleven.50webs.com. 
  4. "Knit Theory - DiscoverMagazine.com". discovermagazine.com. 
  5. Bellos, Alex (1 de xullo de 2008). "How Crochet Solved age-old Math Problem". The Times. 
  6. Orixinal en inglés: "For example, adding an extra stitch in the second line for every five stitches in the first. And for every five stitches in the second line, adding an extra one in the third. The number of stitches increases at an exponential rate. As the lines are longer, but joined together, the material quickly starts to fold in interesting ways.
  7. Wertheim, Margaret (Inverno de 2004–2005). "Crocheting the Hyperbolic Plane: An Interview with David Henderson and Daina Taimina". Cabinet 16. .
  8. Pagel, David (29 de xullo de 2005). "Well now, isn't this a cozy little cosmos". Los Angeles Times. 
  9. "The beautiful math of coral". ted.com. 
  10. "Crochet Coral Reef". crochetcoralreef.org. 
  11. Bloxham, Andy (26 de marzo de 2010). "Crocheting Adventures with Hyperbolic Planes wins oddest book title award". The Telegraph (Londres). 
  12. "2012 Euler Winner Announced - Mathematical Association of America". www.maa.org. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar