Da terra a Lúa[1] é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1865. A obra, que comeza como unha sátira do estereotipo estadounidense da época, é un intento de describir por primeira vez con minuciosidade científica, os problemas que hai que atallar para lograr enviar un obxecto á Lúa.

Da terra a Lúa
Portada dunha das primeiras edicións en inglés
Título orixinalDe la Terre à la Lune
Autor/aJules Verne
Ilustrador/aHenri de Montaut
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Novela, Ciencia ficción
EditorialHetzel
Data de pub.1865
TraduciónValentín Arias
editar datos en Wikidata ]

Un intrépido proxecto aviva os corazóns dos membros do Gun-Club. Trátase de enviar á Lúa un proxectil que, auxiliado polo monstruoso canón Columbiad, fará a función dunha auténtica nave espacial para facer realidade no século XIX un vello soño: atravesar o espazo e descubrir un mundo lunar ata entón descoñecido.

Foi traducida ao galego por Valentín Arias[2].

Notas editar