DIIV é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Brooklyn e formada no ano 2011. O grupo está composto por Zachary Cole Smith (voces, guitarra), Andrew Bailey (guitarra), Devin Ruben Perez (baixo), Colin Caulfield (teclados, guitarra) e Ben Newman (batería).

DIIV
OrixeNova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2011 - presente
Xénero(s)indie rock, dream pop, shoegaze, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)Captured Tracks
MembrosZachary Cole Smith
Andrew Bailey
Devin Ruben Perez
Colin Caulfield
Ben Newman
Na rede
http://www.diiv.net/
Facebook: diivnyc Twitter: lovealien Bandcamp: diivSouncloud: diiv Spotify: 4OrizGCKhOrW6iDDJHN9xd Last fm: DIIV Musicbrainz: b5ff61dd-0154-4e80-b46b-c733f87db602 Songkick: 5442918 Discogs: 2848703 Allmusic: mn0002827271 Deezer: 2699111 Editar o valor em Wikidata

Inicialmente chamada Dive, a banda comezou como un proxecto en solitario de Smith. Tras publicar tres sinxelos, "Sometime", "Human" e "Geist", a través do selo Captured Tracks, DIIV editou o seu álbum de estrea, Oshin, o 26 de xuño de 2012.

En febreiro de 2016 o grupo lanzou o seu segundo disco, Is the Is Are, despois dun logo e problemático período de xestación.[1] O 4 de outubro de 2019 o terceiro álbum de DIIV, Deceiver, foi publicado porn Captured Tracks.[2]

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Oshin 2012 Captured Tracks
Is the Is Are 2016 Captured Tracks
Deceiver 2019 Captured Tracks

Notas editar

  1. Still in Rock (ed.). "Entrevista coa banda". Consultado o 2 de marzo de 2016. 
  2. Aubrey, Elizabeth (2019-07-24). "Listen to a hypnotic new single from DIIV as band announce return with new album, 'Deceiver'". NME (en inglés). Consultado o 2023-10-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar