DBpedia é un proxecto para a extracción de datos de Wikipedia co obxecto de crear unha web semántica. Foi creado pola Universidade de Leipzig, a Universidade Libre de Berlín e a compañía OpenLink Software.[1]

Contido editar

O contido da base de datos está dispoñible baixo licenza CC-BY-SA 3.0 e GFDL. DBpedia está interconectada entre outros proxectos con GeoNames, Musicbrainz, CIA World Factbook, Proyecto Gutenberg e Eurostat[Cómpre referencia].

O proxecto naceu en xaneiro de 2007 tomando datos da Wikipedia en inglés. En xuño de 2011 creceu e comezou a tomar datos doutros 15 idiomas, e en 2015 -cando xa tiña 125 versións en diferentes linguas- naceu a versión que toma datos da Wikipedia en galego.

Notas editar

  1. About DBpedia Arquivado 22 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar