Dennes Dale "D." Boon, nado o 1 de abril[1] de 1958 no barrio de San Pedro nos Ánxeles (California) e finado o 22 de decembro de 1985, foi un vocalista, compositor e guitarrista estadounidense. Boon foi coñecido por ser o guitarrista e cantante da banda californiana de hardcore punk Minutemen. En 1985 morreu nun accidente de tráfico con 27 anos de idade.

Infotaula de personaD. Boon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1958 Editar o valor em Wikidata
San Pedro, Estados Unidos, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Tucson, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSan Pedro High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de cancións , guitarrista , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSST Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm1267817 Musicbrainz: ae1757eb-8679-4cb3-8d3a-33160c953505 Discogs: 258554 Allmusic: mn0000785193 Find a Grave: 1224 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Mocidade editar

O seu pai era un veterano da armada que traballaba instalando radios en coches Buick. A familia vivía en atigos barracóns da segunda guerra mundial que foran convertidos en vivendas públicas.[2] Na súa adolescencia Boon comezou a pintar e asinaba os seus traballos como "D. Boon", en parte porque "D" era o seu argot para cánnabis, en parte debido a Daniel Boone, pero principalmente porque era semellante a E. Bloom, o vocalista e guitarrista de Blue Öyster Cult.[3]

Minutemen editar

Boon formou Minutemen en xaneiro de 1980 xunto co seu amigo da infancia Mike Watt no baixo. Ámbolos dous tocaran xuntos nunha banda anterior, The Reactionaries, e posteriormente incluirían en Minutemen ao batería desta, George Hurley. O grupo editaría catro álbums de estudio e oito EPs, sendo o seu traballo máis coñecido Double Nickels on the Dime.

Boon, xunto con Watt e o seu amigo Martin Tamburovich cofundaría tamén en 1980 o selo discográfico New Alliance Records, que publicaría traballos de Minutemen, Hüsker Dü ou Descendents.

Morte editar

Minutemen estivo activa ata o 22 de decembro de 1985, cando Boon morreu nun accidente de furgoneta no deserto de Arizona, na Interestatal 10.[1][4] Debido a que estivera enfermo e con febre, Boon estaba deitado na parte traseira da furgoneta sen cinto de seguridade cando o vehículo saíu da estrada. Boon saíu disparado pola porta traseira do vehículo e morreu instantaneamente ao partir o pescozo.[5] Tiña 27 anos de idade. A banda disolveuse inmediatamente, aínda que Watt e Hurley formarían o grupo Firehose pouco despois. O álbum ao vivo Ballot Result foi publicado en 1987, dous anos despois da morte de Boon.

Estilo musical editar

O estilo de Boon como guitarrista é moi característico; raramente usaba distorsión e adoitaba a configurar a ecualización do seu amplificador de xeito que só se podían escoitar as frecuencias agudas (as frecuencias baixas e medias silenciábaas completamente).[5] O seu estilo tiña un forte sentimento funk/blues, moi diferente ao doutras bandas hardcore punk dos anos 80.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Strong, Martin C (2003). The Great Indie Discography. Canongate. pp. 419-420. ISBN 1-84195-335-0. 
  2. Azerrad, 2001. p. 63
  3. Azerrad, 2001. p. 64
  4. David Rees (2005). "What Would D. Boon Do?". The Huffington Post. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Segalstad, Eric & Hunter, Josh (2009). The 27s: The Greatest Myth of Rock and Roll. North Atlantic Books. pp. 214, 217. ISBN 978-0-615-18964-2. 
  6. Azerrad, Michael (2001). Our Band Could Be Your Life: Scenes From the American Indie Underground 1981–1991. Little Brown. ISBN 0-316-78753-1.