Dōgen

Monxe e filósofo budista xaponés

Eihei Dōgen (永平道元), nado en Quioto o 19 de xaneiro de 1200 e finado na mesma cidade o 22 de setembro de 1253, foi un mestre budista xaponés, fundador da escola Sōtō do zen neste país. Tamén é coñecido como Dōgen Zenji (道元禅師), Dōgen Kigen (道元希玄) ou Koso Joyo Daishi, literalmente "Ancestro Eminente, Sustentador de Luz, Gran Mestre".

Infotaula de personaDōgen

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 道元 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 希玄 Editar o valor em Wikidata
19 de xaneiro de 1200 Editar o valor em Wikidata
Distrito de Otokuni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1253 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Quioto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes高祖
仏性伝燈国師
承陽大師 Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
RelixiónZen Soto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbhikkhu , filósofo , mestre Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMyōzen (en) Traducir e Rujing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosKoun Ejō (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaClã Koga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMinamoto no Michichika (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Fujiwara no Ishi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: a1f7b6e8-4643-465c-801a-10748cf1a044 Discogs: 4303666 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dōgen naceu en Kioto no seo funha familia nobre e quedou orfo de nai e pai moi novo. Foi adoptado por un tío seu.

Aos 13 anos, entrou como novizo no Monte Hiei, centro da Escola Budista de Tiantai.

Na primavera de 1223 partiu cara á China, regresando ao Xapón en 1227 tras ser recoñecido polo mestre Rujing como mestre da escola Cáodòng (曹洞宗, pronunciado Sōtō-shū en xaponés).

Tralo seu regreso, desenvolveu a súa actividade relixiosa en templos próximos a Kioto, reunindo arredor del unha comunidade de seguidores da nova escola do budismo zen. En 1243, trasladouse con eles á provincia de Echizen, na actual prefectura de Fukui. Nesta rexión fundou o templo Eihei-ji (永平寺), que se mantén como un dos dous templos principais da escola Sōtō.

O zen de Dōgen editar

No corazón da variedade de zen que ensinou Dōgen hai unha serie de conceptos clave, que son recalcados de xeito repetido nos seus escritos. Non obstante, todos estes conceptos están intimamente interrelacionados uns cos outros no sentido en que todos están directamente conectados con zazen, ou a meditación sentada, que Dōgen consideraba que é idéntica ao zen, como se expresa claramente na primeira frase do manual de ensinanza de 1243 Zazen-gi (坐禪儀; "Principios de zazen"):

"Estudar o zen... é zazen".[1]

Cando fai referencia ao zazen, Dōgen moitas veces refírese especificamente a shikantaza, traducible libremente como "nada máis que sentar" ou "só sentar", que é un tipo de meditación sentada en que:

"o meditador senta nun intenso estado de atención concentrada que está libre de pensamentos, non dirixida sobre obxecto ningún, e unida a ningún contido en particular".[2]

Legado editar

A súa obra mestra, Shōbōgenzō (正法眼蔵), é unha das cumes da literatura zen. Escrita ao longo de máis de vinte anos, componse de 92 libros ou fascículos nas súas edicións canónicas. Dōgen tratou neles unha gran variedade de temas, dende indicacións prácticas para a organización da vida monacal ou a correcta práctica do zazen, a lembranzas da súa viaxe á China ou reflexións filosóficas, entre as que destaca a súa concepción do tempo.

Na cultura popular editar

  • En 2009 estreouse no Xapón un filme sobre a vida de Dōgen titulado Zen (禅), dirixido por Banmei Takahashi e con Nakamura Kankurō VI no papel de Dōgen.
  • Na serie estadounidense Lost, unha personaxe xaponesa, líder dunha tribo nativa, chámase Dogen.

Obras editar

  • Eiheikoroku ("Crónica extensa de Eihei"), recompilación das conferencias de Dōgen. Está dividida en dez volumes.
  • Eiheishingi ("Puros criterios de Eihei"), inclúe outros textos como Bendoho ("Métodos da procura da verdade"), Fushukuhanho ("Método de tomar as comidas"), Tenzokyokun ("Instrucións para o cociñeiro"). Trátase de textos orientados á orde comunitaria da vida monacal.
  • Fukanzazengi ("Guía universal para o método estándar de zazen"), instrucións para a correcta práctica do zazen.
  • Gakudoyojinshu ("Colección de asuntos sobre a aprendizaxe da verdade"), conxunto de textos independentes, probablemente recompilados por Dōgen. Abordan asuntos relativos á práctica do budismo.
  • Hogyoki ("Crónica da era Hogy"), preguntas e respostas entre Dōgen e o seu mestre Tendo Nyojo.
  • Shinji-shobogenzo ("Tesouro do verdadero ollo do dharma, en caracteres chineses orixinais"), recompilación de Dōgen de 300 koan, sen comentarios.
  • Shobogenzo ("Tesouro do verdadeiro ollo do dharma"), obra máis recoñecida de Dōgen que en edicións modernas conta con 95 capítulos. Trata sobre unha ampla cantidade de temas, resaltando como puntos principais a non dualidade da realidade e o zazen como vía principal para acadar o coñecemento da realidade.
  • Shobogenzo Zuimonki ("Tesouro do verdadeiro ollo do dharma doado de entender para os ouvidos"), colección de charlas informais de Dōgen que tiveron lugar entre 1235 e 1237.

Notas editar

  1. "Principles of Zazen Arquivado 16 de decembro de 2015 en Wayback Machine."; tr. Bielefeldt, Carl.
  2. Kohn 196–197

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kohn, Michael H.; tr. The Shambhala Dictionary of Buddhism and Zen. Boston: Shambhala Publications, Inc., 1991. ISBN 0-87773-520-4
  • Dōgen, Piquero, P., & Nishijima, G. W. (2013). Shobogenzo. Vol. I. Sirio.