Día das Illas Baleares

O Día das Illas Baleares, denominado Diada de les Illes Balears ou Dia de ses Illes Balears en catalán, é a festa oficial da comunidade autónoma das Illas Baleares, que se celebra cada ano o 1 de marzo, en conmemoración da data na que se publicou no BOE o Estatuto de Autonomía de 1983, que é tamén a mesma que a do novo Estatuto de Autonomía de 2007.

Historia editar

A Lei 9/1984, de 30 de outubro, declarou á festa o 1 de marzo como "Día das Illas Baleares", con carácter de festa oficial en toda a comunidade autónoma, pero laborable; e sen prexuízo que cada illa puidese ter a súa propia festa por acordo do seu consello insular respectivo.

O 1 de marzo considerouse por primeira vez como día non laborable en 1999 (Resolución da Consellería de Traballo e Formación de 20 de novembro de 1998). Actualmente, o artigo 6.3 do Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 2007 consagra o 1 de marzo como festa das Illas Baleares.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar