Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns máis próximo á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.

Historia e características editar

A conmemoración xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da FEDEPE para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica[1].

A primeira celebración aconteceu o 17 de outubro de 2016 e consistiu na lectura pública en diversas bibliotecas de poemas, pasaxes de novelas e outros textos dunha trintena de escritoras en linguas como a galega, a catalá, a castelá ou a éuscara. As lecturas correron a cargo de personalidades diversas do mundo cultural de toda España.

En 2021 a Xunta de Galicia homenaxeou a Xohana Torres e a Anisia Miranda.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar