Día Mundial do Patrimonio Audiovisual

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas cada ano o 27 de outubro celebra o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual.

Celebración editar

En 2005 a Conferencia Xeral da Unesco, na súa 33ª reunión, aprobou a Resolución 33 C/53 pola que se proclamou o 27 de outubro de cada ano Día Mundial do Patrimonio Audiovisual para conmemorar a aprobación da súa 21ª reunión (1980), da Recomendación sobre a Salvagarda e a Conservación das Imaxes en Movemento.[1]

Os documentos audiovisuais, como películas, programas de radio e televisión, gravacións de audio e vídeo, conteñen os rexistros primarios dos séculos XX e XXI. Transcendendo o idioma e as fronteiras culturais, apelando de inmediato á vista e ao oído, ao alfabetizado e á analfabeta, os documentos audiovisuais transformaron a sociedade ao pasar a ser un complemento permanente da constancia escrita tradicional.
Todo o patrimonio audiovisual mundial está en perigo; non pode dicirse que se preservara en ningunha parte. Mais, grazas a iniciativas como o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual e o Programa Memoria do Mundo, impúlsase o valioso labor dos profesionais da preservación para xestionar os aspectos técnicos, políticos, sociais e financeiros, entre outros, que ameazan a salvagarda do patrimonio.
Neste contexto, a Conferencia Xeral aprobou en 2005 a conmemoración dun Día Mundial do Patrimonio Audiovisual como mecanismo para concienciar o público sobre a necesidade de tomar medidas urxentes e recoñecer a importancia dos documentos audiovisuais como parte integrante da identidade nacional.

Temas do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual editar

Ano Tema
2013 «Preservar o noso Patrimonio Audiovisual para as futuras xeracións».
2012 «Conta atrás para salvar o legado da memoria audiovisual».
2011 «Patrimonio audiovisual: Ver, oír e aprender».
2010 «Salve as súas coleccións audiovisuais e góceas – agora».
2009 «Un patrimonio evanescente – Nós podemos salvalo».
2008 «O patrimonio audiovisual como testemuña da identidade cultural».

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar