Día Mundial do Doador de Sangue

día internacional designado pola Organización Mundial da Saúde

O Día Mundial do Doador de Sangue, así designado pola Organización Mundial da Saúde, celébrase cada 14 de xuño. O evento, establecido no 2004, serve para facer fincapé na necesidade de doar sangue, e para agradecer ós doadores de sangue a súa acción solidaria.

Brazo dun doador en varias fases da doazón.

O Día Mundial do doador de sangue é un dos oito días mundiais declarados pola Organización Mundial da Saúde, xunto co Día Mundial da Saúde, o Día Mundial da Tuberculose, o Día Mundial da Inmunización, o Día Mundial do Paludismo, o Día Mundial sen Tabaco, o Día Mundial da Hepatite, e o Día Mundial da Loita contra a SIDA.[1]

Notas editar

  1. "Campaigns." Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. Organización Mundial da Saúde. Consultado o 31 de outubro de 2014.