Día Internacional do Riso

dia internacional

O Día Internacional do Riso celébrase dende 1998 o primeiro domingo do mes de maio [1].

Historia editar

A súa orixe esá na India, na cidade de Bombai o doutor Madan Kataria tras constatar que "os pacientes que se recuperan mellor son os que están máis ledos" [2] en 1995 comezou a ensinar un ioga específico baseado na riso "sen razón" que permite a liberación de endorfinas, a pretensión era encarnar a paz mundial [1]e o obxectivo lograr unha conciencia global da saúde, a felicidade e a paz por medio do riso. A primeira edición celebrouse o 10 de xaneiro de 1998 e acabou por se converter nunha celebración que se realiza en numerosos lugares do mundo[3] [4], as celebracións consisten en xente que se axunta para rir. Na India as celebracións parten dos aproximadamente 8000[5] clubs do ioga do riso. Fóra da India a primeira celebración foi en Copenhague no ano 2000 na que se axuntaron 10000 persoas a rir na praza do concello. En Francia a primeira celebración foi en 2003[6].


Notas editar

  1. 1,0 1,1 Journée mondiale du rire, site journee-mondiale.com.
  2. La Journée mondiale du rire c'est aujourd'hui !. Rolling Stone, 5 mai 2015.
  3. Nerenberg, Albert (1 de maio de 2013). "World Laughter Day: How a Laughing Fit Sparked an International Movement". Huffingtonpost.com. 
  4. Ritman, Alex (6 de maio de 2012). "It's World Laughter Day". The National. 
  5. Sameer Deshpande e Nancy R. Lee (2013). Social Marketing in India. SAGE. p. 188. 
  6. "Journée mondiale du rire demain à Frontignan". France Blue. 4 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 04 de maio de 2020.