Cynthia Erivo, nada en Stockwell o 8 de xaneiro de 1987, é unha actriz, cantante e compositora inglesa.

Infotaula de personaCynthia Erivo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Stockwell, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–2010)
Universidade de East London
La Retraite Roman Catholic Girls' School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , actriz de cinema , actriz , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRhythm and blues e musical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webcynthiaerivo.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm7248827 Allocine: 801753 Rottentomatoes: celebrity/cynthia_erivo Metacritic: person/cynthia-erivo TV.com: people/cynthia-erivo IBDB: 499933
Facebook: cynthiaerivo Twitter: cynthiaerivo Instagram: cynthiaerivo Youtube: UC-RbmrIAM_VqmcjKGQAvQ1w TED: cynthia_erivo Souncloud: cynthiaerivo Spotify: 46UMQ0cW8ToR8egkBRwAxZ iTunes: 306141506 Last fm: Cynthia+Erivo Musicbrainz: 752bebd2-b44c-41bb-8a21-bdf3cd1b5518 Songkick: 4329641 Discogs: 4755725 Allmusic: mn0003341402 Deezer: 6979963 Genius: Cynthia-erivo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Erivo naceu de pais nixerianos en Stockwell, no sur de Londres.[1] A súa nai é enfermeira.[2] Erivo comezou un grao en psicoloxía musical na University of East London; con todo, tralo primeiro ano da carreira, presentouse[3] e posteriormente formouse na [Royal Academy of Dramatic Art|Real Academia de Arte Dramática]].[4]

Erivo comezou a actuar nunha produción teatral de 2011 de The Umbrellas of Cherbourg. Obtivo recoñecemento por protagonizar a reestrea en Broadway de The Color Purple[5] de 2015 a 2017, polo que gañou o premio Tony de 2016 á mellor actriz nun musical e o premio Grammy ao mellor álbum de teatro musical. Erivo aventurouse no cinema en 2018, interpretando papeis no filme de atracos Widows[6] e no suspense Bad Times at the El Royale.[7] Pola súa interpretación da abolicionista estadounidense Harriet Tubman no filme biográfico Harriet (2019),[8] Erivo recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz; tamén escribiu e interpretou a canción "Stand Up" na súa banda sonora, o que lle valeu unha candidatura tamén na categoría de mellor canción.[9]

Na televisión, Erivo tivo o seu primeiro papel na serie británica Chewing Gum (2015). Protagonizou a miniserie criminal The Outsider[10] (2020) e recibiu unha candidatura aos premios Emmy pola súa interpretación da cantante estadounidense Aretha Franklin na serie antolóxica de National Geographic Genius: Aretha (2021).[11]

Notas editar

  1. Wolf, Matt (17 de xullo de 2013). "A Star Is Born! Meet Cynthia Erivo, Who Plays Celie in John Doyle's London Premiere of The Color Purple". Theatre.com. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  2. "Cynthia Erivo Reveals How She Accessed Sadness to Portray Harriet Tubman". O, The Oprah Magazine. 28 de outubro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  3. John, Emma (27 de xullo de 2015). "Move over Whoopi! How Cynthia Erivo made The Color Purple her own". The Guardian. Consultado o 13 de decembro de 2015. 
  4. Bosanquet, Theo (19 de novembro de 2014). "Leading Ladies: Cynthia Erivo 'I want to do everything'". What's On Stage. Consultado o 13 de decembro de 2015. 
  5. "The Color Purple: Cynthia Erivo wows critics in Broadway debut". BBC News. 11 de decembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2015. 
  6. Jones, Nate (30 de outubro de 2019). "Cynthia Erivo Answers Every Question We Have About 'Widows'". Vulture. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  7. Marotta, Jenna (24 de setembro de 2018). "'Bad Times at El Royale' Debut Draws Dakota Johnson, Jeff Bridges, Jon Hamm". The Hollywood Reporter. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  8. N'Duka, Amanda (8 de febreiro de 2017). "Cynthia Erivo To Star As Harriet Tubman In Upcoming 'Harriet' Biopic". Deadline Hollywood. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  9. Abad-Santos, Alex; Wilkinson, Alissa (13 de xaneiro de 2020). "Oscars 2020: the full list of nominees". Vox. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  10. Petski, Denise (25 de xaneiro de 2019). "'The Outsider': Cynthia Erivo, Bill Camp, Mare Winningham, Paddy Considine, Julianne Nicholson Among 10 Cast In HBO Drama Series". Deadline Hollywood. Consultado o 28 de xaneiro de 2019. 
  11. Braxton, Greg (17 de marzo de 2021). "Cynthia Erivo is no stranger to 'tectonic' roles. And 'Aretha' may be her greatest yet". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2021. Consultado o 25 March 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar