Tula Ellice Finklea, nada en Amarillo, Texas o 8 de marzo de 1922 e finada nos Ánxeles o 17 de xuño de 2008, coñecida como Cyd Charisse, foi unha bailarina e actriz estadounidense, famosa pola súa participación como bailarina nalgúns dos musicais máis exitosos e populares de Hollywood, como Singin' in the Rain ou The Band Wagon.

Infotaula de personaCyd Charisse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Tula Ellice Finklea Editar o valor em Wikidata
8 de marzo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Amarillo, Texas, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 2008 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHillside Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHollywood Professional School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , actriz de teatro , bailarina de ballet , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTony Martin (pt) Traducir (1948–2008) Editar o valor em Wikidata
ParentesNana Visitor (pt) Traducir (sobriña)
Liv Lindeland (pt) Traducir (nora (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001998 Allocine: 1675 Rottentomatoes: celebrity/cyd_charisse Allmovie: p12398 TCM: 32407 TV.com: people/cee-lo-green IBDB: 83980
Musicbrainz: 4044aa5e-d57b-46a7-9a5b-be8da012a249 Discogs: 460177 WikiTree: Finklea-24 Find a Grave: 27623986 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Amarillo, Texas o 8 de marzo de 1922, como Tula Ellice Finklea, pronto viuse que estaba moi dotada para o baile, polo que recibiu clases de ballet e chegou a formar parte do Ballet Ruso de Sergei Diagilev, con pseudónimos como Felia Sidorova e María Istomina.

Posteriormente decidiu tentar traballar como actriz na industria cinematográfica, e para iso elixiu cambiar o seu nome a Cyd, a partir do apelativo co que a chamaba o seu irmán: Syd (do inglés sister). Cando en 1939 (con 18 anos) casou co seu profesor de baile Nico Charisse, decidiu adoptar o seu apelido tamén no nome profesional.

En 1948 volveu casar co actor e cantante Tony Martin, co que mantivo sesenta anos de matrimonio, até o seu falecemento. Tivo dous fillos: Nick Charisse, do seu primeiro matrimonio, e Tony Martin Jr. do segundo. A súa sobriña foi a actriz Nana Visitor, e Liv Lindeland, playmate da revista Playboy en 1971, foi a súa nora.

Escribiu unha autobiografía conxunta co seu marido, titulada The two of us (Nós os dous), e en 2001 entrou a formar parte do Libro Guinness dos Récords na categoría de «Pernas máis valiosas», dado que en 1952 asinou un seguro por valor de 5 millóns de dólares para protexelas, superando así o récord da súa antecesora, Betty Grable.

Carreira profesional editar

Charisse actuou en varios dúos con famosos bailaríns como Fred Astaire ou Gene Kelly. A súa obra inclúe dúas das secuencias máis aclamadas da historia dos musicais: o ballet de "Broadway Melody" en Singin' in the Rain e o "Girl Hunt Ballet" en The Band Wagon. A voz de Charisse era normalmente dobrada nas cancións das súas películas, xeralmente pola cantante India Adams.

O seu debut en Hollywood foi en Something to shout about, de 1943, tras o cal pasou un tempo facendo pequenos papeis secundarios en películas como Mission To Moscow (1943), The Harvey Girls (1946), Ziegfeld Follies (1946), ou On an Island with You (1948).

Nos anos 50 a súa carreira deu un importante xiro cando asinou un contrato co Metro-Goldwyn-Mayer e comezou a ter papeis máis importantes en películas de diversos xéneros, aínda que principalmente musicais. Nesa época participou en Singin' in the Rain, The Band Wagon, Brigadoon, It's Always Fair Weather ou Silk Stockings. Pasada a época dourada dos musicais, as aparicións de Cyd Charisse en pantalla diminuíron. Nos anos 60 gravou varias películas, entre as que destaca Two Weeks in Another Town e Something's Got to Give, onde compartía créditos con Marilyn Monroe e Dean Martin. Esta quedou inconclusa polo deceso de Monroe. En 1967 retirouse do cine, salvo por esporádicas aparicións en películas como Warlords of Atlantis, de ciencia ficción.

Máis adiante apareceu en vídeos musicais, por exemplo I Want To Be Your Property de Blue Mercedes ou Alright de Janet Jackson; neste último daba uns pasos de baile. En 1990 gravou un vídeo de fitness para persoas de avanzada idade (ela tiña 69 anos nese momento), titulado Easy Energy Shape Up (que se pode traducir aproximadamente como Posta a punto de baixa intensidade). Ademais, apareceu en documentais que retratan a época dourada dos estudos de Hollywood.

Morte editar

Charisse, unha artista voluptuosa e atlética, cunha espléndida figura até idade avanzada, ingresou no Cedars-Sinai Medical Center nos Ánxeles o 16 de xuño de 2008 despois de sufrir un aparente ataque cardíaco. Morreu na mañá seguinte á idade de 86 anos.

Filmografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar