Cycas revoluta

especie de planta

Falsa palmeira

Follas e cono masculino de Cycas revoluta
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Cycadophyta
Clase: Cycadopsida
Orde: Cycadales
Familia: Cycadaceae
Xénero: Cycas
Especie: C. revoluta
Nome binomial
Cicas revoluta
Thunb.

A cica, Cycas revoluta, ou falsa palmeira, é unha planta oriúnda do sur do Xapón. Adóitase cultivar como planta de interior, xa que non atura o frío, aínda que pode adaptarse aos climas máis temperados como o mediterráneo. En Galiza atopamos algúns exemplares como ornamentais.

Descrición editar

 
Cycas revoluta
 
Exemplar no xardín do Museo de Arte Español Enrique Larreta, en Buenos Aires.

Posúe un talo cilíndrico que presenta un crecemento apical cuberto das cicatrices que deixan as follas que vai perdendo a medida que medra. Estas, pinnadas e de cor verde brillante pola face anterior e mate polo envés, forman unha crista terminal. O miolo do talo, o sagú, utilízase para a alimentación polo seu alto contido en glícidos.

A súa reprodución é dioica, é dicir, a planta feminina presenta no extremo do talo os megasporófilos, agrupados en conos arredondados que conteñen as macrósporas. As plantas masculinas emiten unha espiga lateral, os microsporófilos, que se agrupan formando conos que poden acadar os 60 cm de altura.

Toxicidade editar

 
Un exemplar de Cica revoluta bonsai.

Se se inxire é extremadamente velenosa, tanto para os seres humanos como para os animais. Os animais domésticos teñen un maior risco xa que atopan a planta especialmente saborosa. Os síntomas clínicos desenvólvense nas 12 horas posteriores á inxestión e poden incluír vómitos, diarrea, frouxidade, esvaementos, fallo hepático ou toxicidade hepática caracterizada por ictericia, cirrose e ascite. Os animais domésticos poden aparecer moi febles, sangrar polo nariz (epistaxe), ter melena (sangue nos excrementos), hematoquecia e hemartrose (sangue nas articulacións). Pode provocar incluso a morte.

Todas as partes da planta son tóxicas, porén as sementes conteñes o nivel máis alto da toxina "cicasina". A cicasina causa irritación gastrointestinal, e nunha alta dose conduce ao fallo hepático. Outras toxinas inclúen a "Beta-metilamino L-alanina", un aminoácido neurotóxico, e unha toxina non identificada que se comprobou que causa parálise no gando.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar