En economía e finanzas, o custo marxinal é o cambio no custo total que xorde cando a cantidade producida cambia por unha unidade, é dicir, ao incremento do custo total que supón a produción adicional dunha unidade dun determinado ben.

Típica curva de custo marxinal.

Matematicamente, a función do custo marxinal é expresada como a derivada da función do custo total con respecto á cantidade :

Nunha gráfica, a curva que representa a evolución do custo marxinal ten forma de parábola convexa, debido á Lei de rendementos decrecentes. No punto mínimo de dita curva, atópase o número de bens a producir para que os custos sexan mínimos.

Na dita curva, o punto de corte coa curva de custos medios determina o óptimo de produción, punto a partir do cal obtense maior produción.