A cultura popular é a cultura vernácula, propia dun pobo. Pode ser definida como calquera manifestación cultural (danza, música, festas, literatura, folclore, arte etc.) que o pobo produce e participa de forma activa.

Traxes populares bávaros

Características editar

A cultura popular é o resultado dunha interacción continua entre persoas de determinadas rexións e recobre un complexo de padróns de comportamento e crenzas dun pobo. Naceu da adaptación do home ao ambiente onde vive e abrangue diversas areas de coñecemento: crenzas, artes, moral, linguaxe, ideas, hábitos, xogos, tradicións, usos e costumes, artesanatos, folclore etc.

É o que diferenza e clasifica un pobo, é o que dá o ton e a cor a unha dada sociedade e abrangue un modo de vida. Ao contrario da 'cultura culta', a cultura popular xorde das tradicións e costumes e é transmitida de xeración en xeración, principalmente, de forma oral. Desde un punto de vista da cultura popular contemporánea o contido da cultura popular é determinado en gran parte polas industrias que xeran o material cultural culto (ou de autor), como por exemplo as industrias do cinema, televisión e editoriais, como tamén os medios de comunicación. No entanto, a cultura popular non pode ser descrita como o produto conxunto desas industrias senón que sería o resultado destas.

Fontes editar

A cultura de masa ten múltiplas orixes. É alimentada principalmente polas industrias que teñen lucros a inventar e promover material cultural. Entre elas, encóntranse a industria da música popular, cinema, televisión, radio, ben como editoras de libros e xogos de computador.

Unha segunda fonte da cultura popular, moi diferente da primeira, é o folclore. Inclusivamente, no mundo preindustrial, a cultura de masa como hoxe é entendida non existía e cubría a súa función unha cultura folclórica. Esta camada anterior de cultura aínda persiste na nosa sociedade, por exemplo, en forma de anécdotas ou de rumores, que se espallan pola poboación de boca en boca, tal como sempre aconteceu.

Retroalimentación editar

Os produtores de cultura erudita son, obviamente, eles mesmos membros da sociedade popular. Ese feito xera frecuentemente unha retroalimentación, na medida en que a porción da cultura popular serve como unha alimentación da súa produción. Por exemplo, os estereotipos sobre os homosexuais presentes na cultura popular poden ter unha influencia importante nos filmes con personaxes homosexuais. Á súa vez, isto pode orixinar unha retroalimentación, propagando os estereotipos, eventualmente de forma esaxerada.

Manifestacións contemporáneas da cultura popular editar

Sen ansia de facer unha completa mostra de exemplos de manifestacións actuais de cultura popular cítanse aquí algunhas destacadas:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar