Cultura Gallega foi unha revista cultural bilingüe que se publicou na Habana do 5 de abril de 1936 a marzo de 1940.

Cultura Gallega
PaísCuba
Lugar de publicaciónA Habana
Fundación1936
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O seu director foi Adolfo Víctor Calveiro, o propietario Eladio Vázquez Ferro e o administrador Jesús Iglesias Surribas. Nun principio mantiña unha clara posición republicana: defendía o Estatuto de autonomía, afirmaba os valores diferenciais de Galicia, introducía discursos dos deputados galegos no Parlamento, criticaba a conduta dos militares que se alzaron contra o Goberno legal. Co tempo e debido á progresiva decadencia por motivos económicos esta posición mudou. Interviñeron na súa axuda Diario de la Marina, de carácter conservador, e outros mecenas que inventaron uns bonos de apoio. A súa impresión pasou a ser de peor calidade, comezou a reducir a presenza da lingua galega e a incluír progresivamente máis contidos referidos á hispanidade, que exaltaban o Día da Raza e que desembocaron en 1939 na realización dun retrato de Franco.

Salienta a publicación dun número extraordinario dedicado a Rosalía de Castro en marzo de 1937 con motivo do seu centenario e en abril de 1938 apareceu un número monográfico dedicado a Manuel Curros Enríquez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar