Os Crusaders, antes coñecidos como Canterbury Crusaders e oficialmente BNZ Crusaders por motivos de patrocinio, son un equipo de rugby neozelandés da cidade de Christchurch que compite no torneo Super Rugby, sendo o equipo máis laureado da competición. Fundados en 1996, representan ás federacións provinciais de Buller, Canterbury, Mid-Canterbury, South Canterbury, Tasman e West Coast. O seu estadio local é o Orangetheory Stadium, recinto con capacidade para 18.600 espectadores.

Crusaders
NomeBNZ Crusaders
UniónNew Zealand Rugby
Alcume(s)The Crusaders
Fundación1996; hai 28 anos
Sede Christchurch, Nova Zelandia
Estadio(s)Christchurch Stadium
Capacidade18.600 espectadores
AdestradorScott Robertson
CapitánScott Barrett
CapsWyatt Crockett (201)
AnotadorDan Carter (1.708)
Liga(s)Super Rugby
20191º (campións)
Casa
Fóra
Na rede
http://crusaders.co.nz/
Instagram: crusadersrugbyteam Editar o valor em Wikidata

Estadio editar

Os Crusaders xogan os seus encontros como locais no AMI Stadium, chamado Lancaster Park dende que se construíu en 1881 ata 1998, e despois chamado Jade Stadium ata 2007. A capacidade do AMI Stadium é dunhas 38.600 persoas. Os Crusaders comparten o estadio co seu dono orixinal, o equipo Canterbury RFU da ITM Cup.

Este estadio foi orixinalmente construído para acoller encontros de crícket, razón pola cal ten forma circular.

O AMI Stadium foi escollido para que se disputasen nel algúns dos encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que Nova Zelandia organizará a partir do 9 de setembro do 2011, pero en febreiro de 2011 un terremoto de 6'3º na escala de Richter sacudiu a cidade de Christchurch, deixando 145 persoas mortas e moitos danos na estrutura do estadio, facendo que fose imposible a disputa de calquera tipo de evento deportivo nel. Os Crusaders tiveron entón que xogar tódolos seus encontros fóra de Christchurch, a maioría deles no estadio Trafalgar Park da localidade de Nelson. Os 7 encontros que o estadio ía acoller no mundial de rugby foron repartidos por outros estadios do país, e as obras de restauración non remataron ata o ano 2012.

Elenco editar

Os seguintes son os xogadores dos Crusaders para o Super Rugby de 2020.[1]

Crusaders (Super Rugby)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Traxectoria editar

 
Os Crusaders compiten representando a un territorio da Illa Sur composto por 6 Unions provinciais.

A traxectoria dos Crusaders no Super Rugby é a de máis éxito de tódolos 18 equipos que compiten no torneo de rugby punteiro no Hemisferio Sur. A pesar de comezar as súas participacións no torneo quedando no último posto no Super 12 1996, nos seguintes anos os Crusaders creceron ata acadar 7 títulos, nos anos 1998, 1999, 2000, 2002, 2005, 2006 e 2008, ademais de 4 subcampionatos, nos anos 2003, 2004, 2011 e 2014.

Tempada Xog. Gañ. Emp. Per. PUNTOS Temp.Regular PlayOffs
2016
2015 16 9 0 7 46
2014 16 11 0 5 51 FINALISTA
2013 16 11 0 5 60 SEMIFINALISTA
2012 16 11 0 5 61 SEMIFINALISTA
2011 16 11 1 4 61 FINALISTA
2010 13 8 1 4 41 SEMIFINALISTA
2009 13 8 1 4 41 SEMIFINALISTA
2008 13 11 0 2 52 CAMPIÓN
2007 13 8 0 5 42 SEMIFINALISTA
2006 13 11 1 1 51 CAMPIÓN
2005 11 9 0 2 44 CAMPIÓN
2004 11 7 0 4 34 FINALISTA
2003 11 8 0 3 40 FINALISTA
2002 11 11 0 0 51 CAMPIÓN
2001 11 4 0 7 23 10º
2000 11 8 0 3 39 CAMPIÓN
1999 11 7 1 3 33 CAMPIÓN
1998 11 8 0 3 41 CAMPIÓN
1997 11 5 1 5 26
1996 11 2 1 8 13 12º

Notas editar

  1. "The Team". Crusaders. Consultado o 17 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar