Crocodylus mindorensis

O Crocodylus mindorensis, xeralmente chamado crocodilo de Filipinas,[2] é unha especie de crocodilo que vive en Filipinas (onde se pode atopar tamén o máis grande crocodilo de auga salgada, Crocodylus porosus).[3][4] O crocodilo de Filipinas é endémico só deste país, e pasou a considerarse en perigo crítico en 2008 pola explotación e os métodos de pesca insostibles,[5] como a pesca con dinamita.[6] A fundación holandesa-filipina Mabuwaya, a Sociedade de Conservación do Crocodilo e o Instituto Zoolóxico de HerpaWorld na illa de Mindoro están a aplicar medidas de conservación,[7] Está prohibido pola lei matar este crocodilo no país.

Crocodylus mindorensis

An adult Crocodylus mindorensis basking
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Xénero: Crocodylus
Especie: C. mindorensis
Nome binomial
Crocodylus mindorensis
Schmidt, 1935
Área de distribución do crocodilo de Filipinas en azul
Área de distribución do crocodilo de Filipinas en azul

Área de distribución do crocodilo de Filipinas en azul

Taxonomía editar

Ata 1989 este crocodilo foi considerado unha subespecie do crocodilo de Nova Guinea (Crocodylus novaeguineae).[8]

Características editar

Ten un morro relativamente ancho e placas óseas grosas na súa pesada armadura dorsal. É un crocodilo de auga doce relativamente pequeno, que alcanza normalmente na madurez os 1,5 m e os 15 kg en ambos os sexos, e a lonxitude máxima rexistrada foi de 3,1 m.[8] As femias son lixeiramente menores que os machos. O crocodilo de Filipinas é de cor marrón dourado, e escurécese conforme madura.

Distribución e hábitat editar

O crocodilo de Filipinas é endémico de Filipinas. Está extinguido nas illas de Samar, Jolo, Negros, Masbate e Busuanga. Aínda sobreviven poboacións no Parque Natural de Sierra Madre do Norte nas selvas de Luzón, San Mariano, Isabela, illa Dalupiri nas illas Babuyan, na provincia de Abra en Luzón e na Ligawasan Marsh, lago Sebu en Cotabato sur, no río Pulangi en Bukidnon, e posiblemente no Santuario de Vida Salvaxe de Agusan Marsh en Mindanao.[8][9][10] Historicamente podía encontrarse tamén en partes das Visayas ata que as súas poboacións foron drasticamente reducidas, principalmente pola destrución do seu hábitat.

Status de conservación editar

 
Un crocodilo de Filipinas nadando silenciosamente

Este crocodilo é unha das especies máis gravemente ameazadas de crocodilos. Aínda que esta especie se encontraba antes por toda Filipinas, en setembro de 2011 había só uns 250 exemplares silvestres segundo un artigo de National Geographic.[11] Ademais, sábese moi pouco sobre a historia natural e ecoloxía da especie, ou das súas relacións con Crocodylus porosus, con cuxa área de distribución se solapa. Cómpre realizar máis exames para determinar a súa presente distribución. A redución da poboación inicialmente debeuse á súa explotación comercial, aínda que a ameaza actual é principalmente a alteración dos hábitats axeitados para el por causa da expansión agrícola para satisfacer as demandas da crecente poboación humana. O apoio gobernamental ás medidas de conservación é limitado, e os crocodilos son a miúdo matados pola poboación local, polo que serán necesarios programas de concienciación. A crianza en catividade a longo prazo e a liberación de exemplares (no PWRCC, Universidade Silliman e centros decrianza internacionais) considérase a mellor medida actualemnte, aínda que é imprescindible un programa de xestión para o resto da poboación silvestre (a maioría da cal reside só en áreas protexidas). En 1992, estimábase que só había 1 000 exemplares silvestres. En 1995, estimábase en non máis de 100 excluídas as crías recentemente eclosionadas (estas non se contan nas estimacións porque a súa taxa de supervivencia é moi baixa), e xa se mencionou o dato de 250 exemplares en 2011 publicado en National Geografic.

 
Un individuo novo

En 2007, creouse un grupo especialista en Filipinas dedicado á conservación dos crocodilos. A Sociedade de Conservación do Crocodilo de Filipinas e o Instituo Zoolóxico de HerpaWorld están traballando en programas de crianza e liberación para a conservación. C. mindorensis fora considerado formalmente extinto en parte da súa anterior área do norte de Luzón ata que se capturou un espécime vivo en San Mariano, Isabela, en 1999. Ese individuo, ao que se lle chamou 'Isabela', quedou baixo os coidados da Conservación e Observancia da Rehabilitación dos Crocodilos ata que foi liberado en agosto de 2007. O espécime medía 1,6 m de longo cando foi liberado.[12]

A especie está protexida pola lei nacional desde 2001. Matar un destes crocodilos é castigado cunha pena máxima de 100 000 ₱ (equivalente a uns 2 500 V).[8] Posteriormente o Senado de Filipinas presentou unha resolución en 2012 que reforzaba e aumentaba as medidas legais para a protección do crocodilo de Filipinas e o crocodilo de auga salgada.[13]

Notas editar

  1. "Crocodylus mindorensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2016. Consultado o 20 de maio de 2017. 
  2. "Crocodile Surveys - iucncsg.org"
  3. "Only in the Philippines - Endemic Animals in the Philippines" Arquivado 06 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. TxtMania.com. Retrieved on 2007-10-22.
  4. Ross, Charles A. "Crocodile Status in Ligawasan Marsh". Philippine Crocodile. Retrieved on 2012-07-12.
  5. "Crocodilian Species - Philippine Crocodile (Crocdylus mindorensis)" Arquivado 06 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Crocodilian Species List. Retrieved on 2007-10-22.
  6. "Wildlife Conservation in the Philippines" Arquivado 15 de outubro de 2005 en Wayback Machine.. BP.com. Retrieved on 2007-10-22.
  7. "Philippine Crocodile Comeback" Arquivado 10 de novembro de 2007 en Wayback Machine.. cepf.net. Retrieved on 2007-10-22.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Van Weerd, Merlijn. "Philippine Crocodile (Crocodylus mindorensis)". Crocodile Specialist Group.
  9. http://www.iucncsg.org/365_docs/attachments/protarea/Page-843dd0aa.pdf
  10. http://www.iucncsg.org/365_docs/attachments/protarea/Proc-17f3b2b9.pdf
  11. (2011-09-06). "Pictures: Biggest Crocodile Ever Caught?". National Geographic Daily News.
  12. Burgonio, TJ (2007-08-25). "‘Isabela,’ the croc, to be freed in wilds". Breaking News: Regions (Inquirer.net). Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2007. Consultado o 2007-09-02. 
  13. (2012-05-31). "Senate P.S.R. 790". Senate of the Philippines 15th Congress. Retrieved on 2012-07-16.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar