Cristina de Bolsena

Santa Cristina, coñecida tamén como Cristina de Bolsena, Cristina de Tiro ou Cristina a Gran Mártir, é unha santa do século III venerada pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa anglicana. Escavacións na contorna do lago de Bolsena descubriron o seu culto xa no século V, polo que é posible que a tradición oriental que conecta a santa Cristina coa cidade fenicia de Tiro se deba a unha confusión co nome dunha localidade preto de Bolsena. A súa festividade celébrase o 24 de xullo.

Cristina de Bolsena
Nacementoséculo IIIxuliano
Lugar de nacementoBolsena
Falecemento304
Lugar de falecementoBolsena
NacionalidadeRoma Antiga
Relixióncristianismo
editar datos en Wikidata ]
Altar de Santa Cristina, na basílica de Bolsena

No século IX redactouse o seu martirio, sobre o cal se fixeron varias versións, moitas delas crese que influenciadas pola vida doutros santos como santa Bárbara. Era filla dun rico maxistrado chamado Urbano e converteuse ao cristianismo. Regalaba ídolos e bens do seu pai aos pobres e este chegou a torturarla cravándolle ganchos de ferro, meténdoa nun forno, nun pozo con serpes, e lanzándoa a un río atada a unha roca. Con todo, Deus fixo que resistise e non morreu até a oitava tortura. Logo de morrer seu pai, o seu sucesor Dión seguiu a torturala e finalmente decapitouna.

Consérvanse as súas reliquas na catedral de Palermo e en Bofia. Na parroquia da Cidade de Osma atribúenselle uns restos chegados en 1789. Alí é patroa Santa Cristina de Bolsena, a quen se consagrou a igrexa polo menos desde o século XIV. Porén, eses restos pertencen a outra moza mártir das Catacumbas de San Calixto de Roma chamada Cristina (Cristina de Osma).