Cristianismo celta

O cristianismo celta (tamén chamado Igrexa celta) refírese en liñas xerais ás prácticas cristiás da Alta Idade Media desenvolvidas nas illas Británicas durante a última fase da dominación romana en torno ás áreas costeiras do Mar de Irlanda. A progresiva retirada das lexións romanas e a subseguinte Invasión anglosaxoa de Gran Bretaña reduciron o contacto entre os cristiáns celtas e bretóns das illas e os do continente. O illamento favoreceu a aparición de prácticas relixiosas diferenciadas, sobre todo en Irlanda, dende onde pasaron posteriormente a Gran Bretaña, grazas ao labor de misioneiros como Columba de Iona e de Aidan, entre outros.

Cruz celta
St. Patrick, patrón dos irlandeses

Algunhas veces, o termo "Cristianismo celta" emprégase tamén para describir as prácticas cristiás vixentes nestas zonas en datas posteriores; porén, debido a que a historia das igrexas irlandesa, galesa, escocesa, britana, córnica e manesa diverxen significativamente despois do século VIII, os historiadores xeralmente evitan o uso do termo neste contexto.[1] Ademais, os historiadores non empregan o termo "Igrexa celta", debido a que iso implica un senso de ser unha entidade unificada e identificable separada da Cristiandade occidental.[2][3]

Notas editar

  1. Patrick Wormald, ‘Bede and the ‘Church of the English’’, in The Times of Bede, ed. Stephen Baxter (Oxford: Blackwell Publishing, 2006), pp. 223-224 n. 1
  2. Kathleen Hughes, "The Celtic Church: Is This a Valid Concept?", O'Donnell lectures in Celtic Studies, University of Oxford 1975 (publicado en Cambridge Medieval Celtic Studies, 1 [1981], pp. 1-20).
  3. Wendy Davies, "The Myth of the Celtic Church", in The Early Church in Wales and the West, Oxbow Monograph, no. 16, editado por Nancy Edwards e Alan Lane, 12-21. Oxford: Oxbow, 1992.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar