Crispo

césar romano de 317 a 326

Caio Flavio Xulio Crispo, nado no 305 e finado no 326), foi un príncipe romano, fillo primoxénito de Constantino I o Grande e da súa primeira dona, Minerva.

Infotaula de personaCrispo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 303 Editar o valor em Wikidata
Pula, Croacia Editar o valor em Wikidata
Morte326 Editar o valor em Wikidata (22/23 anos)
Pula, Croacia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
César (título)
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Período de tempoLow Roman Empire (en) Traducir e Antigüidade tardía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHelena (en) Traducir (322–) Editar o valor em Wikidata
FillosFlavius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisConstantino I o Grande Editar o valor em Wikidata  e Minervina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsConstantino II, Constantina (pt) Traducir, Helena (pt) Traducir, Constante e Constancio II Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Rome-197

Traxectoria editar

Educado por Lactancio Firmiano, foi nomeado César por seu pai o 1 de marzo de 317. Destacou polo seu enxeño militar, combatendo e vencendo a Licinio na batalla de Crisópole, no Helesponto, o 18 de setembro de 323, así como ás tribos bárbaras de alamáns e francos. Casou cunha rapaza chamada Helena, coa que tivo descendencia.

No 326, a segunda muller de Constantino I, Fausta, acúsao publicamente por tratar de seducila, polo que foi inmediatamente axustizado por orde do seu propio pai, que non se dignou a escoitalo. Non está claro o motivo polo que Fausta actuou dese xeito. Mentres uns historiadores defínena como unha muller rancorosa co seu fillastro, polo que sentía paixón, outros fana protagonista dun maquiavélico complot para librarse de Crispo, que podería converterse nun futuro inimigo para os seus propios fillos, ao ser o primoxénito de Constantino. Hai quen di[quen?] que Crispo encabezaba un grupo subversivo contra o seu pai que intentaba dirixir o xeneral dos romanos fronte á política filocristiá do emperador e o seu intento de trasladar a capital a Bizancio.

Independentemente dos motivos que a empuxaron a facelo, Fausta rematou afogada nun baño cando Constantino descubriu a inocencia do seu fillo. Pode ser que por orde de Santa Helena, que tiña predilección polo seu neto Crispo.

Segundo a versión de Zósimo, atormentado por darlle morte ao seu fillo inocente, e ao non ser expiados os seus pecados polos sacerdotes pagáns, Constantino foise achegando ao cristianismo, pois o ariano Eusebio dixéralle que a través do bautismo se lle perdoaban tódalas faltas.

Deixando ao lado a súa carreira militar, ben documentada, o resto da súa vida persoal e o fado da súa muller e fillos son totalmente descoñecidos, pois ademais de matalo, condenouse á chamada damnatio memoriae: a súa honra non quedaría restaurada e borraríanse tódalas referencias posíbeis da súa vida.

O drama da morte de Crispo e Fausta foi inmortalizado polo compositor Donizatti na súa ópera Fausta.

Véxase tamén editar