Crise migratoria en Europa

A crise migratoria en Europa[1][2][3][4] ou crise de refuxiados en Europa[5][6][7][8] que comezou no 2015,[9] é un fenómeno de aumento de refuxiados e migrantes[10] cara a Unión Europea a través do mar Mediterráneo ou do Sueste de Europa con peticións de asilo. Proceden de áreas como Oriente Medio (Siria, Iraq), África (Eritrea, Nixeria, Somalia, Sudán, Gambia), Sur de Asia (Afganistán, Paquistán, Bangladesh),[11][12] e os Balcáns (Serbia, Kosovo, Albania).[13] Segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, en decembro de 2015, as principais nacionalidades do millón de refuxiados que chegaron a Europa dende comezo de ano son sirios (46,7%), afgáns (20,9%) e iraquís (9%). Dos refuxiados e migrantes que chegaron a Europa por mar no 2015, o 58% eran homes, o 17% eran mulleres e o 25% eran nenos.[14] Os conceptos de "crise migratoria" e "crise dos refuxiados" comezaron a empregarse a partir de abril de 2015,[15] despois de que cinco barcos que transportaban dúas mil persoas cara a Europa naufragaran no mar Mediterráneo, cunha estimación de mortos de máis de 1 200 persoas.

Solicitudes de asilo nos estados da UE e da EFTA entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2015 segundo datos do Eurostat.
Refuxiados sirios e iraquís nun barco dende Turquía á illa grega de Lesbos.

Os naufraxios producíronse nun contexto de conflitos e crises de refuxiados en diversos países de Asia e África, o cal incrementou o número total de persoas desprazadas forzosamente en todo o mundo, chegando a finais de 2014 a máis de 60 millóns, o nivel máis alto dende a segunda guerra mundial.[16][17] No medio dun aumento no número de chegadas por mar a Italia dende Libia en 2014, varios gobernos da Unión Europea rexeitaron financiar a opción italiana de rescate coñecida como Operación Mare Nostrum, que foi substituída pola Operación Tritón de Frontex en novembro de 2014. Nos seis primeiros meses de 2015, Grecia superou a Italia como o primeiro país da Unión Europea en número de chegadas, converténdose, no verán de 2015, no punto de partida do fluxo de refuxiados e migrantes que se desprazaban a través dos países balcánicos cara aos países do norte de Europa, principalmente Alemaña e Suecia. Dende abril de 2015, a Unión Europea tivo problemas para facer fronte a esta crise, aumentando o financiamento das operacións da patrulla fronteiriza no Mediterráneo, creando plans para loitar contra o tráfico de persoas, lanzando a Operación Sophia e propoñendo un novo sistema de cotas para reasentar os solicitantes de asilo entre os estados da UE e alixeirar a carga dos países nas fronteiras exteriores da Unión. Algúns países volveron introducir en ocasións os controis fronteirizos dentro do espazo Schengen, e xurdiron desavinzas entre os países que están dispostos a aceptar os solicitantes de asilo e outras persoas que tratan de disuadilos da súa chegada.

Segundo Eurostat, os estados membros da UE recibiron máis de 1,2 millóns solicitudes de asilo no 2015, un número que é máis do dobre do ano anterior. Catro estados (Alemaña, Hungría, Suecia e Austria) recibiron preto de dous terzos das solicitudes dese ano. A cidadanía da maioría dos refuxiados que piden o asilo, superando en máis da metade ó resto, son sirios, afgáns e iraquís.[18]

Notas editar

  1. BBC News (ed.). "Europe migrant crisis". Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  2. Ruz, Camila (28 de agosto de 2015). BBC News, ed. "The battle over the words used to describe migrants". Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  3. "Europe’s Migration Crisis". Financial Times. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  4. Rachman, Gideon (3 de setembro de 2015). Financial Times, ed. "Refugees or migrants – what’s in a word?". Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  5. "Europe's African Refugee Crisis: Is the Boat Really Full?". Der Spiegel. 15 de abril de 2014.
  6. UNHCR (ed.). "UNHCR chief issues key guidelines for dealing with Europe's refugee crisis". "This is a primarily refugee crisis, not only a migration phenomenon".
  7. International Business Times, ed. (3 de setembro de 2015). "European Refugee Crisis 2015: Why So Many People Are Fleeing The Middle East And North Africa". 
  8. Bloomberg, ed. (8 de setembro de 2015). "What You Need to Know About Europe's Refugee Crisis: Q&A". 
  9. BBC News, ed. (18 de febreiro de 2016). "Migrant crisis: Migration to Europe explained in seven charts". 
  10. UNHCR (ed.). "UNHCR viewpoint: 'Refugee' or 'migrant' – Which is right?". "The majority of people arriving this year in Italy and Greece especially have been from countries mired in war or which otherwise are considered to be 'refugee-producing' and for whom international protection is needed. However, a smaller proportion is from elsewhere, and for many of these individuals, the term 'migrant' would be correct."
  11. The Guardian, ed. (10 de setembro de 2015). "Refugee crisis: apart from Syrians, who is travelling to Europe?". 
  12. Council on Foreign Relations (ed.). "Europe's Migration Crisis". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015. 
  13. BBC News (ed.). "Migrant crisis: Explaining the exodus from the Balkans". Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  14. United Nations High Commissioner for Refugees, ed. (11 de setembro de 2015). "Refugees and migrants crossing the Mediterranean to Europe". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2015. 
  15. BBC News (ed.). "Europe migrant crisis". 
  16. UNHCR, ed. (18 de xuño de 2015). "UNHCR Global Trends –Forced Displacement in 2014". 
  17. Rod Nordland (31 de outubro de 2015). "A Mass Migration Crisis, and It May Yet Get Worse". The New York Times. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  18. EUROSTAT (ed.). "Record number of over 1.2 million first time asylum seekers registered in 2015" (PDF). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar