Crise do século III

A crise do século III é unha serie de acontecementos ocorridos no Imperio Romano ao longo dese século, ou máis precisamente do ano 235 ao ano 284.[1]

O Imperio Romano dividido en 260

Historia editar

Durante este período, o imperio foi gobernado sucesivamente por preto de dezaoito emperadores "lexítimos". A maioría deles foron preminentes xenerais que asumiron o poder imperial sobre todo ou sobre parte do imperio, soamente para perdelo por derrota en combate, asasinato ou mortes naturais, gobernando unha media de dous a tres anos. O número exacto de emperadores do período é descoñecido, pois non considera aqueles nomeados xunto cos seus pais ou colegas, nin os pretendentes e usurpadores.[2]

A finais do século II ocorreu unha guerra civil de sucesión, que abalou profundamente o imperio. Na primeira metade do século seguinte, o imperio mantívose próspero e extenso, ata que o poderoso Imperio Sasánida, ao leste, comezou a facer ataques contra o Imperio Romano. O ano 260, foron capturados o emperador Valeriano e todo o seu exército de setenta mil homes. Sen moita defensa, as provincias do leste foron devastadas.

 
Coa ascensión do emperador Diocleciano (r. 284–305) pechouse a crise do século III

A peste de Cipriano espallouse polo imperio e tornouse unha epidemia. Alén deses problemas, o Imperio Romano aínda se atopou con outro poderoso inimigo ao norte: os godos.

O avance da peste e os fracasos militares do imperio eran tan frustrantes que o pobo pasou a buscar novas crenzas e rituais para afastar os perigos, ao mesmo tempo que se intensificou a persecución dos cristiáns. Por toda Europa espalláronse rumores de que os acontecementos negativos eran algún tipo de castigo para o Imperio Romano.

Unha característica observada na crise do século II foi a fraqueza demostrada polos emperadores en manter de forma prolongada o control sobre o imperio. Esa serie de emperadores febles foi, en certo xeito, un reflexo da extensa militarización do imperio. Noutras palabras, Roma foi abandonando gradualmente o seu carádter aristocrático, entendido anteriormente nos poderes investidos ao senado romano, para tornarse un imperio militar.

Ese proceso de enfraquecemento do senado romano acompañous polo fortalecemento cada vez maior das lexións romanas nas decisións relativas á escolla dos emperadores, en función dos seus intereses inmediatos e, como consecuencia, na administración do imperio. Iso levou inevitabelmente á escolla de emperadores pouco preparados e incompetentes.

Coa crise do século III, comezaron as transformacións que, máis dun século despois, levaron á fin do período histórico coñecido como Antigüidade e o inicio da Idade Media.

Emperadores editar

Dinastía gordiana editar

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Falecemento Tempo no cargo
  Gordiano I
CAESAR MARCVS ANTONIVS GORDIANVS SEMPRONIANVS AFRICANVS AVGVSTVS
c. 159, Frixia? Proclamado emperador mentres era procónsul en África durante unha revolta contra Maximinio Tracio. Gobernou xunto co seu fillo Gordiano II, en oposición a Maximino. Tecnicamente era un usurpador, mais foi lexitimado retrospectivamente pola subida ao trono de Gordiano III 22 de marzo de 238-12 de abril de 238 Abril de 238
Cometeu suicidio tras descubrir a morte de Gordiano II
21 días
  Gordiano II
CAESAR MARCVS ANTONIVS GORDIANVS SEMPRONIANVS ROMANVS AFRICANVS AVGVSTVS
c. 192, ? Proclamado emperador xunto co seu pai Gordiano I, en oposición a Maximino por acta do Senado 22 de marzo de 238–12 de abril de 238 Abril de 238
Asasinado durante a batalla de Cartago, combatendo cun exército a favor de Maximino
21 días
  Pupieno (non dinástico)
CAESAR MARCVS CLODIVS PVPIENVS MAXIMVS AVGVSTVS
c. 178, ? Proclamado emperador xunto con Balbino polo Senado en oposición a Maximino; posteriormente coemperador con Balbino 22 de abril de 238-29 de xullo de 238 29 de xullo de 238
Asasinado pola garda pretoriana
3 meses e 7 días
  Balbino (non dinástico)
CAESAR DECIMVS CAELIVS CALVINVS BALBINVS PIVS AVGVSTVS
? Proclamado emperador xunto con Pupienus polo Senado tralas mortes de Gordiano I e II, en oposición a Maximino; posteriormente coemperador con Pupieno e Gordiano III 22 de abril de 238–29 de xullo de 238 29 de xullo de 238
Asasinado pola garda pretoriana
3 meses e 7 días
  Gordiano III
CAESAR MARCVS ANTONIVS GORDIANVS AVGVSTVS
20 de xaneiro de 225, Roma Proclamado emperador polos seguidores de Gordiano I e II, despois polo Senado; emperador xunto con Pupieno e Balbino ata xullo de 238. Neto de Gordiano I 22 de abril de 238–11 de febreiro de 244 11 de febreiro de 244
Descoñecido; posibelmente asasinado por orde de Filipo I
5 anos, 9 meses e 20 días
  Filipo o Árabe (non dinástico)
CAESAR MARCVS IVLIVS PHILIPPVS AVGVSTVS

con Philip II

MARCVS IVLIVS SEVERVS PHILLIPVS AVGVSTVS

c. 204, Shahba, Siria Prefecto pretoriano de Gordiano III, tomou o poder trala súa morte; fixo o seu fillo Filipo II coemperador no verán de 247 Febreiro de 244–setembro ou outubro de 249 Setembro ou outubro de 249 (45 anos)
Asasinado na batalla de Verona por Decio
5 anos

Dinastía deciana editar

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Falecemento Tempo no cargo
  Traxano Decio
CAESAR GAIVS MESSIVS QVINTVS TRAIANVS DECIVS AVGVSTVS

con Herennius Etruscus
c. 201, Budalia, Panonia Inferior Gobernador baixo Filipo I; proclamado emperador polas lexións do Danubio que venceron e mataron a Filipo na batalla de Verona; fixo o seu fillo Herennius Etruscus coemperador a principios de 251 Setembro ou outubro de 249–xuño de 251 Xuño de 251
Asasinados na batalla de Abrittus loitando contra os godos
2 anos
  Hostiliano
CAESAR CAIVS VALENS HOSTILIANVS MESSIVS QVINTVS AVGVSTVS
Sirmium Fillo de Traxano Decio, aceptado como herdeiro polo Senado Xuño de 251–finais de 251 Setembro ou outubro de 251
Causas naturais (peste)
4–5 meses
 
Treboniano Galo (non dinástico)
CAESAR GAIVS VIBIVS TREBONIANVS GALLVS AVGVSTVS

con Volusianus

GAIVS VIBIVS VOLVSIANVS AVGVSTVS

206, Italia Gobernador de Mesia Superior, proclamado emperador polas lexións do Danubio trala morte de Decio (e en oposición a Hostiliano); fixo o seu fillo Volusianus coemperador a finais de 251 Xuño de 251–agosto de 253 Agosto de 253 (47 anos)
Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Emiliano
2 anos
  Emiliano (non dinástico)
CAESAR MARCVS AEMILIVS AEMILIANVS AVGVSTVS
c. 207 ou 213, África Gobernador de Mesia Superior, proclamado emperador polas lexións do Danubio tras vencer os godos; aceptado como emperador trala morte de Galo Agosto de 253–outubro de 253 Setembro ou outubro de 253 (40 ou 46 anos)
Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Valeriano
2 meses

Dinastía valeriana editar

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Falecemento Tempo no cargo
  Valeriano
CAESAR PVBLIVS LICINIVS VALERIANVS AVGVSTVS
c. 195 Gobernador de Noricum e Recia, proclamado emperador polas lexións do Rin trala morte de Galo; aceptado como emperador trala morte de Emiliano Outubro de 253-260 Despois de 260
Capturado na batalla de Edessa contra os persas, faleceu en catividade
7 anos
  Galieno
CAESAR PVBLIVS LICINIVS EGNATIVS GALLIENVS AVGVSTVS

con Saloninus
218 Fillo de Valeriano, feito coemperador en 253; o seu fillo Salonino foi brevemente coemperador arredor de xullo de 260, antes de ser asasinado por Póstumo Outubro de 253–setembro de 268 Setembro de 268
Asasinado en Aquileia polos seus propios comandantes
15 anos

Dinastía gordiana continuada? editar

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Falecemento Tempo no cargo
  Claudio II
CAESAR MARCVS AVRELIVS CLAVDIVS AVGVSTVS
10 de maio de 210, Sirmium Xeneral vitorioso na batalla de Naissus, chegou ao poder trala morte de Galieno segundo Epitome de Caesaribus. Fillo bastardo de Gordiano II Setembro de 268-xaneiro de 270 Xaneiro de 270 (60 anos)
Causas naturais (peste)
1 ano e 4 meses
 
Quintilo
CAESAR MARCVS AVRELIVS CLAVDIVS QVINTILLVS AVGVSTVS
c. 210, Sirmium Irmán de Claudio II, chegou ao poder trala súa morte Xaneiro de 270–setembro? de 270 270 (arredor de 60 anos)
Pouco claras; posibelmente suicidio ou asasinato
Descoñecido
 
Aureliano (non dinástico)
CAESAR LVCIVS DOMITIVS AVRELIANVS AVGVSTVS
9 de setembro de 214 ou 215, Sirmium Proclamado emperador polas lexións do Danubio trala morte de Claudio II en oposición a Quintilo Setembro? de 270–setembro de 275 Setembro de 275 (60–61 anos)
Asasinado pola garda pretoriana
5 anos

Tácitos editar

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Falecemento Tempo no cargo
  Tácito
CAESAR MARCVS CLAVDIVS TACITVS AVGVSTVS
c. 200, Interamna Nahars, Italia Elixido polo Senado para substituír a Aureliano, tras un breve interregnum 25 de setembro de 275–xuño de 276 Xuño de 276 (76 anos)
Causas naturais ou posibelmente asasinado
9 meses
 
Floriano
CAESAR MARCVS ANNIVS FLORIANVS AVGVSTVS
? Irmán de Tácito, escollido polo exército do oeste para substituílo Xuño de 276–setembro? de 276 Setembro? de 276
Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Probo
3 meses
  Probo (non dinástico)
CAESAR MARCVS AVRELIVS PROBVS AVGVSTVS
232, Sirmium Gobernador das provincias orientais, proclamado emperador polas lexións do Danubio en oposición a Florian Setembro? de 276–setembro ou outubro de 282 Setembro ou outubro de 282 (50 anos)
Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Carus
6 anos

Dinastía carana editar

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Falecemento Tempo no cargo
  Caro
CAESAR MARCVS AVRELIVS CARVS AVGVSTVS
c. 230, Narbo, Gallia Narbonensis Prefecto pretoriano de Probo; chegou ao poder antes ou despois do asasinato de Probo; fixo o seu fillo Carino coemperador a principios de 283 Setembro ou outubro de 282-finais de xullo ou principios de agosto de 283 Finais de xullo ou principios de agosto de 283
Causas naturais? (Posibelmente morto por un raio)
10–11 meses
  Numeriano
CAESAR MARCVS AVRELIVS NVMERIVS NVMERIANVS AVGVSTVS
? Fillo de Caro, sucedeuno xunto co seu irmán Carino Finais de xullo ou principios de agosto de 283-284? 284
Pouco claro, posibelmente asasinado
1 ano
  Carino
CAESAR MARCVS AVRELIVS CARINVS AVGVSTVS
? Fillo de Caro, gobernou un pouco tempo con el e despois co seu irmán Numeriano Principios de 283–285 285
Faleceu no batalla do Margus
2 anos

Notas editar

  1. Olivier Hekster, Rome and its Empire, AD 193–284 (Edimburgo 2008) ISBN 978 0 7486 2303 7
  2. Grandes Impérios e Civilizações 2. 1996. pp. 112 p. ISBN 84-7838-740-4. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar