Crise do Antigo Réxime

A Crise do Antigo Réxime é a conxuntura de cambios que xorden en Europa Occidental no período de aproximadamente cen anos que vai desde a publicación da Enciclopedia (1751) ata a Revolución de 1848.

A toma da Bastilla (14 de xullo de 1789), símbolo do Antigo Réxime, sacudiu a toda Europa

Tipificación editar

Pódese considerar unha crise xeral e secular, porque, aínda que non lla nomee coa cifra dun século (como a crise do século III ou do século XIV) a xeneralización das súas consecuencias foi dun evidente impacto en toda a civilización occidental. O feito de que se identifique cos tres grandes procesos revolucionarios (revolución burguesa, revolución liberal, revolución industrial) engade algo de dificultade para a súa catalogación como crise, pois as revolucións serían un proceso de cambio acelerado, mentres que as crises citadas anteriormente sofren cambios cuxas consecuencias son só visibles a longo prazo. Eric Hobsbawm chamou ao período The Age of Revolution. Os contemporáneos viviron a caída do Antigo Réxime con total consciencia, e de feito, déronlle ese nome.

Extensión editar

O termo Antigo Réxime usado de forma restritiva só se podería aplicar a Francia e estenderse aos estados-nación en que funcionaron monarquías autoritarias ou absolutas durante a Idade Moderna, como España e Portugal (ver Antigo Réxime). Inglaterra e Holanda eran xa monarquías parlamentarias. O Leste europeo está ocupado por Imperios de moi distinta caracterización (Austria, Rusia, Turquía e a emerxente Prusia). Aínda así as consecuencias do proceso de Crise do Antigo Réxime afectaranlles a todos de forma decisiva, do mesmo xeito que a boa parte do mundo, polo menos a outro continente: América, este último co aspecto diferenciado que lle dan os procesos de Independencia (1776 para Estados Unidos, 1808-1824 para a América continental española e portuguesa). Para o caso da Europa Central e Oriental, os cambios prolónganse no tempo ata a primeira guerra mundial (1914-1918)

Conclusión editar

 
A revolución de 1830 en Bélxica. Wappers, 1834

A crise do Antigo Réxime representa á vez:

Tamén son destacados acontecementos de máis longo percorrido:

  • Os cambios demográficos e urbanísticos aceléranse.
  • Xorde o proletariado industrial como nova clase oposta á burguesía, e comezan os conflitos sociais que se coñecen como movemento obreiro.

E notablemente, no mundo das ideas e crenzas:

Notas editar

  1. CALLAHAN, William J. Igrexa, poder e sociedade en España 1750-1874, Madrid, Nerea ISBN 84-86763-12-6

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • HOBSBAWM, Eric (1987). As revolucións burguesas. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-2978-1. 

Outros artigos editar