Crioulo da Guinea-Bissau

O crioulo da Guinea-Bissau é unha lingua crioula baseada no portugués, e próxima ao crioulo caboverdiano, falada en Guinea-Bissau, Senegal e Gambia. Os seus autónimos son guinensi,[2] kriyol,[3] e portuguis.

Crioulo da Guinea-Bissau
'guinensi, kriyol, purtuguis’kriolo’
Outros nomes:kriyol de Guinea-Bissau, kriulo, crioulo portugués
Falado en: Guinea-Bissau, Senegal e Gambia.
Total de falantes: 1.305.800 [1]
Familia: Linguas Crioulas
 Crioulo de base portuguesa
  Crioulos afro-portugueses
   Crioulos da Alta Guinea
    Crioulo da Guinea-Bissau
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún estado.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pov
Mapa
Status

En Guinea-Bissau é a lingua nativa de 239.000 habitantes e ten arredor dun millón de falantes coma segunda lingua.[1]

No sur do Senegal fálase un dialecto do crioulo da Guinea-Bissau coñecido coma Portuguis ou crioulo de Casamansa, que é a lingua maioritaria dos habitantes da rexión de Casamansa e emprégase coma lingua franca.[4]

O crioulo da Guinea-Bissau está aínda en expansión pero cunha crecente interferencia por parte do portugués (descrioulización): por mor da televisión, a literatura, o prestixo e a emigración a Portugal; e linguas africanas: a través da migración de falantes de linguas nativas aos principais centros urbanos nos que prevalece o crioulo. O portugués estándar é a lingua oficial de Guinea-Bissau, mais o crioulo é a lingua franca do comercio, a literatura informal e o entretemento e non se usa no xornalismo, o Parlamento, os servizos públicos ou a educación.[5]

Historia editar

Os crioulos da Alta Guinea son os crioulos de base portuguesa máis antigos, nados arredor dos asentamentos portuguesas da costa noroeste de África. Os mercadores e colonos portugueses comezaron a se mesturar coa poboación local case de inmediato; o que se converteu nun costume entre os exploradores portugueses e é a principal razón do gran número de crioulos portugueses en todo o mundo. Un pequeno número de colonos chamados lançados contribúe ao espallamento do portugués.

Hai tres dialectos principais deste crioulo en Guinea-Bissau e o Senegal:

  • Bissau e Bolama
  • Bafata
  • Cacheu–Ziguinchor

O substrato do crioulo é a lingua das poboacións locais: mandingas, manjacos, pepéis e outros, pero a meirande parte do léxico (arredor dun 80 %) provén do portugués. O dialecto de Casamansa, semellante ao de Cacheu (Guinea-Bissau), ten algunha influencia do francés.

Exemplo editar

Declaración Universal dos Dereitos Humáns

Tudu pekaduris ta padidu libri i igual na balur suma na diritus. Suma e dadu kapasidadi di pensa, e tene tambi konsiensia, e dibi di trata nutru suma ermons.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ethnologue
  2. Scantamburlo, Luigi. (2019). Dicionário do Guineense (2a. ed.). Lisboa: Colibri. ISBN 9789896898106. OCLC 1091114509. 
  3. Kihm, Alain. (1994). Kriyol syntax : the Portuguese-based Creole language of Guinea-Bissau. Amsterdam: J. Benjamins. ISBN 9789027276674. OCLC 772227357. 
  4. José Horta (12–25 de abril de 2006). "A Língua Portuguesa no Senegal" [Portuguese language in Senegal] (en Portuguese). Instituto Camões. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  5. "Situação Sociolinguística da Guiné-bissau" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2011. Consultado o 01 de setembro de 2019. 
  6. "Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humáns". www.ohchr.org. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar