Crime e castigo é unha novela de Fiódor Dostoievski, publicada en 12 entregas en 1866 no xornal literario O mensaxeiro ruso[1] co título orixinal en lingua rusa de Преступление и наказание (Prestuplenie i nakazanie). Foi traducida ao galego por Ekaterina Guerbek, e publicada por Editorial Galaxia en 2003.

Crime e castigo
Autor/aFiódor Dostoievski
OrixeImperio Ruso
Lingualingua rusa
Xénero(s)novela psicolóxica, ficción filosófica, novela por entregas e Ficção policial
Data de pub.1866
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Crime e castigo pon o foco na angustia mental e os dilemas morais de Rodion Romanovich Raskolnikov, un pobre e antigo estudante de San Petersburgo que formula e executa un plan de matar a unha vella usureira para lle roubar. A novela ten un marcado carácter psicolóxico, adentrándose na mente do seu protagonista mentres a investigación policial vaise achegando á súa beira.

Constitúe unha das obras cume da literatura universal e tivo unha grande influencia en escritores posteriores, coma os existencialistas Albert Camus e Jean-Paul Sartre[2].

Notas editar

  1. University of Minnesota - Study notes for Crime and Punishment (en inglés).
  2. SparkNotes Editors. “SparkNote on Crime and Punishment.” SparkNotes LLC. 2002. http://www.sparknotes.com/lit/crime/ (accedido o 23 de setembro de 2010).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar