Cretáceo

período da era mesozoica
< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

No escala de tempo xeolóxico, o Cretáceo[1][2] é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 145 millóns e 500 mil e 65 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cretáceo sucede o período Xurásico da súa era e precede o período Paleoxeno da era Cenozoica do seu eón.

Divídese nas épocas Cretáceo Inferior e Cretáceo Superior, da máis antiga para a máis recente.

Durante o Cretáceo, os dinosauros alcanzan a seu cumio, mais ao fin do período acaba ocorrendo a extinción dos dinosauros. É no mesmo período cando xorden os mamíferos placentarios primitivos.

Cambios xeográficos e climáticos editar

 
Mapapundi do Cretáceo Superior.

Ao longo do Cretáceo, a configuración dos continentes continuou o seu proceso de fragmentación a partir do supercontinente Panxea. Isto levou a un aumento da diversidade de hábitats e a unha maior separación entre as poboacións de especies, impulsando a especiación.[3] O clima do Cretáceo caracterizouse pola súa calidez, cunha notable diminución dos casquetes polares, o que permitiu unha ampla distribución das especies tanto en latitudes altas como baixas.[4]

Biodiversidade do Cretáceo editar

Ademais dos dinosauros, que dominaban os ecosistemas terrestres, o Cretáceo foi testemuña da expansión das anxiospermas (plantas con flor), que revolucionaron as cadeas alimentarias e proporcionaron novos nichos ecolóxicos.[5] Nos mares e océanos, os invertebrados, como os amonites e os belemnites, proliferaban, mentres que un grupo de dinosauros emplumados comezaban a diversificarse en especies que son as antepasadas das primeiras aves modernas.[6][7]

 
Luis Walter Alvarez (esquerda) e o seu fillo Walter Alvarez (dereita) no límite K-T en Bottaccione Gorge, Italia, onde investigaron as concentracións anómalas de iridio que contribuíron á hipótese do impacto de asteroides como causa da extinción masiva do Cretáceo-Paleoxeno.

Extinción no Cretáceo-Terciario editar

Artigo principal: Extinción dos dinosauros.

A fin do Cretáceo marcouse por unha extinción masiva, na que desapareceron moitas especies, incluídos todos os dinosauros non aviarios. A causa principal críase que foi o impacto dun grande meteorito na rexión que hoxe é a península de Iucatán, o que provocou cambios climáticos catastróficos.[8]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cretáceo.
  2. Definición de cretáceo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Monroe, James S. (James Stewart) (2001). The changing earth : exploring geology and evolution. Pacific Grove, CA : Brooks/Cole-Thomson Learning. ISBN 978-0-534-38468-5. 
  4. Benton, M. J. (Michael J. ) (2015). When life nearly died : the greatest mass extinction of all time. London : Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-29193-1. 
  5. Benton, Michael J.; Wilf, Peter; Sauquet, Hervé (2022-03). "The Angiosperm Terrestrial Revolution and the origins of modern biodiversity". New Phytologist (en inglés) 233 (5): 2017–2035. ISSN 0028-646X. doi:10.1111/nph.17822. 
  6. D. B. Weishampel, Dinosaurs, the Encyclopedia, McFarland & Company, Inc., 1996.
  7. ThriftBooks. "The Dinosaur Papers: 1676-1906 book by D.b. Weishampel". ThriftBooks (en inglés). Consultado o 2024-03-25. 
  8. Schulte, Peter; Alegret, Laia; Arenillas, Ignacio; Arz, José A.; Barton, Penny J.; Bown, Paul R.; Bralower, Timothy J.; Christeson, Gail L.; Claeys, Philippe (2010-03-05). "The Chicxulub Asteroid Impact and Mass Extinction at the Cretaceous-Paleogene Boundary". Science (en inglés) 327 (5970): 1214–1218. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.1177265. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

----

 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.