Crecente, Crecente

parroquia civil do concello de Crecente

San Pedro de Crecente é unha parroquia que se localiza no sur do concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña 475 habitantes (259 mulleres e 216 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.

Crecente
Igrexa de San Pedro de Crecente.
ConcelloCrecente[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°09′08″N 8°13′24″O / 42.15218081, -8.2232543Coordenadas: 42°09′08″N 8°13′24″O / 42.15218081, -8.2232543
Poboación434 hab. (2017)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Igrexa de San Pedro de Crecente, de transición románico-gótico. Consta de ampla nave rectangular con cuberta alintelada de madeira e presbiterio cuberto a base de bóveda apuntada. Nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, ábrese un espazo que acubillou o sepulcro de Inés de Castro, agora depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra. Conserva unha variada colección de canzorros, un escudo e unha fiestra no centro do testeiro absidal que consta de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A igrexa posúe unha reliquia da Veracruz coa bula de autenticidade expedida en Roma.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Crecente.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Crecente editar

Lugares da parroquia de Crecente no concello de Crecente (Pontevedra)

Abelán | O Castro | A Costa | O Coto | Crecente | Currás | Os Fernández | Os Gorrións | O Lameiro | Lobariñas | Montecelo | Os Piñas | Os Piñeiros | Rego de Auga | A Rubia | A Serra | Valeixe

Parroquias de Crecente editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Crecente

Albeos (San Xoán) | A Ameixeira (San Bernabeu) | Angudes (San Xoán) | Crecente (San Pedro) | Filgueira (San Pedro) | O Freixo (San Roque) | Quintela (San Caetano) | Rebordechán (Santa María) | Ribeira (Santa Mariña) | Sendelle (Santa Cruz) | Vilar (San Xorxe)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar