Crailsheim Merlins

O Crailsheim Merlins, coñecido por motivos de patrocinio como HAKRO Merlins Crailsheim, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Crailsheim, Baden-Württemberg. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 1986, desde 2005 xoga os seus partidos como local no Arena Hohenlohe, pavillón con capacidade para 3.000 espectadores.

Crailsheim Merlins
Información xeral
Liga BBL
Fundación 1986
Cores                Azul, prata
Presidente Alemaña Martin Romig
Adestrador Alemaña Sebastian Gleim
Patrocinador Hakro
Localización
Cidade Alemaña Crailsheim, Alemaña
Pavillón Arena Hohenlohe
Capacidade 3 000
Inauguración 12 de marzo de 2005
hakro-merlins.com

Historia editar

O Crailsheim Merlins foi fundado o 31 de xaneiro de 1986. Na temporada 2013–14 os Merlins ascenderon á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, despois de chegar ás finais da ProA.[1] Esa temporada, o equipo acabou en segundo lugar na liga regular e nos playoffs foi quen de eliminar ao Oettinger Rockets Gotha (3−1) e ao rent4office Nürnberg. Na final polo título da segunda división, xa co ascenso conseguido, os Merlins perderon ante o BG Göttingen por un marcador global de 174 a 162. Xa na primeira división, o equipo consegue salvar a categoría debido ao descenso administrativo dos Artland Dragons. Con todo, na temporada 2015–16, o equipo non consegue repetir e regresa á ProA. No primeiro ano após o descenso o equipo consegue acabar na segunda posición en Liga regular, mais perden en primeira rolda ante o Oettinger Rockets Gotha. Na temporada 2017−18 o equipo volve a finalizar segundo e, despois de eliminar nos playoffs ao White Wings Hanau e ao Gladiators Trier, o equipo consegue regresar á máxima categoría.

Patrocinadores editar

Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Crailsheim Merlins (1986−2007)
  • Proveo Merlins Crailsheim (2007−2009)
  • Crailsheim Merlins (2009−presente)

Temporadas editar

Ano Nivel Liga Pos. Playoffs Copa
2009–10
2
ProA
6
2010–11
2
ProA
6
2011–12
2
ProA
4
Semi-finalist
2012–13
2
ProA
11
2013–14
2
ProA
2
Subcampións
2014–15
1
BBL
18
Descenso
2015–16
1
BBL
18
Descenso
2016–17
2
ProA
2
Cuartos de final
2017–18
2
ProA
2
Subcampións
2018–19 1 BBL 16
2019–20 1 BBL 10 Oitavos de final
2020–21 1 BBL 5 Cuartos de final Fase de grupos

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "BBL: Crailsheim schafft sportlichen Aufstieg". Handelsblatt.com (en alemán). 27 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar