Coxía (arquitectura)

En arquitectura denomínase coxía ao espazo arquitectónico comprendido entre dous muros de carga, dous aliñamentos de piares (pórticos), ou entre un muro e os piares aliñados contiguos.

Coxías da Mesquita de Córdoba: espazos entre piares aliñados

Características editar

Este espazo fai referencia tamén ás naves ou corredores de certos edificios, que dan acceso a dependencias laterais, como é o caso de cada unha das galerías dun claustro.

Construtivamente é cada unha das partes principais en que se divide a planta dun edificio. Denomínase primeira coxía á situada máis próxima á fachada, numerándose correlativamente cara ao interior da edificación.

A composición arquitectónica máis simple é a tipoloxía conformada por xustaposición de coxías. Nesta forma de composición establécese a comunicación dos recintos mediante a apertura de ocos nos muros; tamén se utilizan ocos para ventilar e iluminar as estancias. A compartimentación das coxías adoita realizarse mediante tabicaría.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar