Courtney Lee

baloncestista estadounidense

Courtney Lee, nado o 3 de outubro de 1985 en Indianápolis, Indiana, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros de altura, e xoga na posición de escolta.

Courtney Lee
Axente libre
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 3 de outubro de 1985 (38 anos)
Indianápolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Pike, Indianápolis
Universidade Western Kentucky (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Orlando Magic
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Orlando Magic (2008–2009)
New Jersey Nets (2009–2010)
Houston Rockets (2010–2012)
Boston Celtics (2012–2014)
Memphis Grizzlies (2014–2016)
Charlotte Hornets (2016)
New York Knicks (2016–2019)
Westchester Knicks (2018)
Dallas Mavericks (2019–2020)

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante catro tempadas cos Hilltoppers da Western Kentucky, sendo titular en todos os partidos que disputou. Foi elixido en tres ocasións no mellor quinteto da Sun Belt Conference, e na súa tempada sénior, tras acadar 20,4 puntos, a segunda mellor marca da conferencia e no posto 28 da nación, levou ao seu equipo a disputar os oitavos de final do Torneo da NCAA, conseguindo o premio de mellor xogador da conferencia.[1]

No total da súa traxectoria universitaria acadou 17,6 puntos e 5,2 rebotes por partido.[2] Licenciouse en socioloxía e criminoloxía.

Profesional editar

Foi elixido na 22ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Orlando Magic, equipo co cal asinou contrato a principios do mes de xullo de 2008. Na súa primeira tempada coma novato cos Magic foi campión da conferencia leste e alcanzou as finais da NBA contra os Lakers perdendo nesa serie por 4-1.

O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Rafer Alston e Tony Battie aos New Jersey Nets a cambio de Vince Carter.[3] Con todo, pouco máis dun ano despois, o 11 de agosto de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets, nun traspaso entre catro equipos que mandou a Trevor Ariza ós New Orleans Hornets.[4] Foi presentado oficialmente polos Rockets o 18 de agosto de 2010.

O 20 de xullo de 2012, Lee foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Portland Trail Blazers, os Houston Rockets e os propios Celtics.[5] Lee asinou un contrato por 4 anos con Boston.

O 7 de xaneiro de 2014, os Celtics completaron un traspaso con outros dous equipos, os Memphis Grizzlies e os Oklahoma City Thunder. Boston traspasou a Lee e unha elección de segunda rolda do Draft de 2016 a Memphis a cambio de Jerryd Bayless dos Grizzlies, e Ryan Gomes dos Thunder.[6]

O 31 de xaneiro de 2019, Lee foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Trey Burke e Tim Hardaway Jr. ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[7] Tras convertirse en axente libre en 2020, Lee asinou de novo cos Mavericks o 11 de decembro de 2020,[8] pero foi cortado antes de comezar a tempada.[9]

Notas editar

  1. "Magic Sign First-Round Pick Courtney Lee". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009. 
  2. Ficha de Lee en TDR
  3. Carter traded to hometown Magic
  4. "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  5. "Celtics Acquire Lee". NBA.com. 20 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  6. "Grizzlies acquire Courtney Lee and 2016 second round Draft pick in three team trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2014. 
  7. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  8. "Mavericks sign Courtney Lee, set for preseason opener". mavs.com. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  9. "Mavericks briefs: These players are ‘dumb and dumber,’ plus roster is set". mavs.com. Consultado o 19 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar