A cota de pantalla[1] (en inglés: share) é a porcentaxe de espectadores dun programa de televisión con respecto á totalidade dos que están vendo a televisión nese período de tempo.

É unha cifra que resulta da multiplicación do alcance (individuos ou fogares) pola fidelidade (tempo investido). A suma das audiencias dan como resultado a cota total, que representa o total de aparellos receptores acesos cara a un programa nun momento dado en diferentes canles. Por tanto, a cota total indica o total de audiencia que se reparte entre as diferentes cadeas de televisión. E a cota de pantalla representa a parte da cota total que cada cadea consegue. Este dato mídese con audímetros.

Notas editar