Cosacos de Zaporozhia

Os Cosacos de Zaporozhia, Exército dos Cosacos de Zaporozhia, Exército Zaporozhiano (en ucraíno: Військо Запорізьке; en polaco Kozacy zaporoscy; en checo: Záporožští kozáci) ou, simplemente Zaporozhiáns en ucraíno Запорожці, Zaporozhtsi) son algúns dos nomes que na historiografía se lle dá a unha organización territorial, política, militar e social dun grupo de cosacos ucraínos establecidos primitivamente nos arredores da cataratas do río Dniéper, na Ucraína central.

O Hetmanato e o Imperio ruso en 1751.
O territorio dos Cosacos de Zaporozhia figura en violeta.

Sempre tiveron fama polo seu valor e as súas razzias. Estiveron, sucesivamente, ao servizo de Polonia, de Suecia e de Rusia. Pedro o Grande organizounos e deulles por caudillo a Mazeppa. En 1775, Catarina II trasladounos ás ribeiras do Kubán para conter aos circasiáns, e desde aquela tomaron o nome de cosacos do mar Negro (Chernomoski).

Desde 1552 (data da fundación da primeira Sitch) até 1775, estiveron dirixidos por un atamán e unha asemblea de cosacos.

En coordinación cos cosacossdo Hetmanato, os zaporozhianos combateron contra Polonia, os otománs e, máis tarde, contra Rusia, para lograr a súa independencia.

Durante a Segunda guerra mundial a inmensa maioría dos zaporozhianos puxéronse ao servizo do III Reich.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.