Corte Suprema de Chile

Coordenadas: 33°26′20.93″S 70°39′11.14″O / -33.4391472, -70.6530944

A Corte Suprema de Xustiza de Chile é a institución xurisdicional máis alta existente dentro dos tribunais que integran o Poder Xudicial do país. Confórmase por 21 membros chamados Ministros, un dos cales é o seu Presidente. A Corte ten ademais un fiscal xudicial, un secretario, un prosecretario e oito relatores.[1]

O Pazo dos Tribunais de Xustiza, Santiago de Chile.

Atópase na cima da orde xerárquica do Poder Xudicial, sobre as Cortes de Apelacións, os Xulgados de Letras, os Xulgados de Garantía, os Tribunais de Xuízo Oral Penal e os Tribunais Especiais, e corresponde á superintendencia directiva, correccional e económica sobre todos os tribunais do país, exceptuando o Tribunal Constitucional, o Tribunal Cualificador de Eleccións e os tribunais electorais rexionais.

A Corte Suprema de Chile foi fundada pola Constitución Política de 1823 e instalada o 29 de decembro do mesmo ano, sendo unha das máis antigas institucións do seu tipo no mundo.[2] Ten a súa sede na cidade de Santiago de Chile,[3] no edificio do Pazo dos Tribunais de Xustiza.

Notas editar

  1. Artigo 93 do Código Orgánico de Tribunales Arquivado 19 de marzo de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 18 de xaneiro de 2014 (en castelán).
  2. Bravo Lira, Bernardino (2003). «La Corte Suprema de Chile 1823-2003, cuatro caras en 180 años». Revista Chilena de Derecho 30. (en castelán)
  3. Artigo 94 do Código Orgánico de Tribunales (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar