A corta dos prados (Microtus lusitanicus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae.

Corta dos prados
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Myomorpha
Superfamilia: Muroidea
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: Microtus
Subxénero: 'Microtus (Terricola)'
Especie: M. lusitanicus
Nome binomial
'Microtus (Terricola) lusitanicus'
(Gerbe, 1879)
Distribución mundial de Microtus lusitanicus.
Distribución mundial de Microtus lusitanicus.

Distribución mundial de Microtus lusitanicus.
Sinonimia
  • depressus, (Miller, 1908).
  • gerritmilleri, Kretzoi, 1958.
  • hurdanensis, (Agacino, 1938).
  • mariae, Major, 1905.
  • pelandonius, (Miller, 1908).

Descrición editar

É unha corta de pequeno tamaño, de orellas e cola pequenas, a forma do seu corpo reflicte o seu tipo de vida subterránea: cabeza grande, fociño romo, ollos pequenos e corpo cilíndrico. A pelaxe vai desde o gris escuro ao sepia, ventre gris, cola bicolor, co dorso máis escuro.

Distribución editar

Distribúese polo cuadrante noroccidental da Península Ibérica e o extremo suroccidental de Francia. En España o límite oriental sitúase no norte de Navarra e Huesca, desde onde baixa pola Rioxa, Soria, serras de Guadarrama, Gredos e Gata. En Portugal penetra pola serra da Estrela, chegando até Setúbal, ao sur de Lisboa.

Hábitat editar

Aparece en lugares moi diversos desde beiras de pequenos ríos, bosques de castiñeiros e carballos, como en plantacións de patacas e cenorias, arrozais e cultivos de froiteiras. A súa presenza está condicionada pola existencia de solos brandos e húmidos cunha densa cobertura vexetal. Aparece desde o nivel do mar até os 2.000 metros na serra de Gredos e os Pireneos.

Depredación editar

É presa habitual da curuxa común (Tyto alba), e da avelaiona, así como de diversos carnívoros de pequeno e mediano tamaño.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar